Publicacións

Imaxe
  Fotografía tomada na Praza Maior o día 17 de abril de 1912, con motivo dun eclipse solar, na que aparecen distintos membros das familias Cortiñas Riego, Pla e Varela, entre outros, ademais de Luís Tobío Campos. Arquivo C. Nuevo Cal. AQUEL ECLIPSE SOLAR QUE DESPEDIU AO INVERNO DO ANO 1912 EN VIVEIRO ADRAL Durante a antigüidade, a idade media e gran parte da idade moderna determinados fenómenos naturais, por exemplo, os eclipses de sol ou de lúa, representábanse como signos terribles, que anunciaban grandes catástrofes ou, incluso, a fin do mundo. O fenómeno de poder ver as estrelas durante o día coma se fose de noite infundía aterradores medos nunha poboación maioritariamente analfabeta, constantemente amedrentada polos poderosos e as predicacións apocalípticas dos clérigos. Incluso, os homes máis cultos asustábanse ante os eclipses, interpretándoos como unha clara sinal de futuras desgrazas, por mor dos recorrentes pecados da humanidade. Malia a estaren acostumados ás guerras, ás...

DIÁLOGOS VAC-AN 13 - Homenaxe VAC-AN a Maruja Mallo desde Lugo

Imaxe

CONVERSANDO CON CARLOS 3

Imaxe

CONVERSANDO CON CARLOS 2

Imaxe
       Segunda parte do ADN gastronómico de Viveiro

CONVERSANDO CON CARLOS 1

Imaxe
Imaxe
No centro da fotografía, sentado, meu pai, Ignacio Nuevo García, tenente da JG, capitán da 34 Brigada Mixta, da 109 BM e comandante en xefe da 189 BM (en funcións de tenente coronel), ferido durante a defensa de Castellón contra as forzas regulares moras e convalecente no Hospital Juan Negrín de Alicante.   
Imaxe
                                  Casa torre que pertenceu a Juan Ares Vizoso de Bahamonde (Foto: J.M. Paleo)                   A CASA TORRE DE JUAN ARES VIZOSO NA RÚA DO MEDIO Entre as distintas edificacións e construccións singulares que conforman o casco histórico da cidade de Viveiro, consideramos de grande interese arquitectónico a casa nº 24, situada na actual Rúa Rosalía de Castro (antiga da Pilitaria, Carniçería, Travesa, do Medio ou Mina), na que destaca un fermoso arco de medio punto con grandes dovelas e escudo heráldico da familia do fundador encima. A casa torre pertenceu ao viveirés Juan Ares Viçoso de Baamonde, destacado membro da fidalguía local e comercial do s. XVI, señor do Coto de Caxoto, señorío que herdou da súa tía dona Leonor Viçoso de Baamonde, que fora esposa do rexidor Pedro Pardo de Cela “O Rubio”; este deixara establecido nas...