
Imaxe tomada entre 1.930 e 1.933 por Antonio Seoane Díaz, "Tonecho" (ARG) OS CASTELOS DE COVAS NO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA Un dos arquivos históricos máis importantes, entrañables e de bo trato que existen na nosa terra é o do Reino de Galicia, unha institución fundada por Real Cédula polo rei Carlos III en outubro de 1775. O arquivo, que ía estar ubicado en Betanzos, pasou por diversos avatares até o seu establecemento actual, en 1956, nos xardíns de San Carlos na Coruña. Aínda que o Arquivo do Reino naceu coa finalidade de conservar e custodiar os procedementos xudiciais da Real Audiencia de Galicia, a partir de mediados do século XIX comezou a incrementar progresivamente os seus fondos abranguendo diferentes eidos dende a arte, economía, demografía, xeografía, xenealoxía, heráldic...