Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 23, 2023
Imaxe
             A maquinaria despois de ser restaurada pola empresa viveiresa Lages Relojería Monumental.                            A RELOXERÍA EN VIVEIRO, UNHA HISTORIA CENTENARIA (1534-2023) O PRIMEIRO RELOXO MECÁNICO (1534-1860) Malia a que descoñecemos cando e onde se inventou o primeiro reloxo mecánico europeo, a súa aparición supuxo unha auténtica revolución para a época, en especial, nos ambientes monacais e eclesiásticos, onde se produciría unha grande mellora na medida do tempo. Ademais do carácter utilitario e práctico dos reloxos a súa utilización nos cenobios axudou a manter a disciplina na vida monacal, fomentando a puntualidade nos oficios divinos, nas comidas e demais actos comunitarios.   A Igrexa tivo moito que ver en canto ao descubrimento, desenvolvemento e expansión dos reloxos, non só pola súa utilización práctica, senón tamén polo moito que influíron os clérigos na transmisión aos artesáns dos coñecementos e saberes necesarios para poñer en práctica o funciona