Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 4, 2020
Imaxe
                                                        TORTA COLINETA DE VIVEIRO … Viveiro gozou dende vello dunha grande tradición reposteira grazas á temperá presenza na vila de dúas ordes mendicantes medievais: os franciscanos e dominicos, que tanto influíron dende o punto de vista relixioso, cultural e das mentalidades, ou mesmo, gastronómico, coa elaboración diaria de diferentes verduras, peixes e carnes, o que San Ignacio chamou “manxares grosos”. Ademais, tanto os frades como as monxas dos catro cenobios existentes na localidade foron verdadeiros mestres na preparación e elaboración de todo tipo de bolos, biscoitos (albardados, “borrachos”, recheos, panais, “pénjamos”…), roscóns, ensaimadas, melindres, roscas,“amarguillos”, cordiais, polvoróns, pastas e doces miúdos.  Eran especialidades que servían para agasallar ás autoridades do Rexemento e aos representantes dos gremios, confrarías e irmandades, logo da súa participación nas festividades tradicionais do ciclo anual ou, co