
Escola de Vieiro recén construida. A BIBLIOTECA POPULAR CIRCULANTE , UNHA IMPORTANTE INICIATIVA PEDAGÓXICA (1929) ADRAL As bibliotecas populares circulantes xogaron un destacado rol na expansión cultural e no fomento da lectura, tanto entre o alumnado como no conxunto da cidadanía ou, mesmo, na formación continua do profesorado, necesitado de permanente actualización pedagóxica, científica e literaria. A constitución das distintas bibliotecas circulantes de carácter escolar debeuse á iniciativa da Dirección Xeral de Primeira Ensinanza que a partir do Real Decreto do 22 de novembro de 1912 promulgou unha serie de reais ordes sobre a organización e funcionamento destas bibliotecas que estarían dirixidas polos mestr...