Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo 17, 2020
Imaxe
Altar da Virxe do Carme na igrexa de Santiago, en S. Francisco  DAS CONFRARÍAS MEDIEVAIS Á ADVOCACIÓN MARIÑEIRA  DA  VIRXE  DO CARME. Adral Sen lugar a dúbidas, a proliferación de gremios, confrarías e irmandades dentro do mundo dos mareantes orixinou dende a Baixa Idade Media toda unha serie de advocacións arredor dun Santo patrón ou patroa, neste caso da Virxe María que actuaría como mediadora entre o humano e o divino. Os motivos, evidentemente, son múltiples e obedecerían principalmente ao carácter devocionario dadas as especiais circunstancias que sempre rodearon a un oficio de alto risco como é o dos mariñeiros. Deste xeito dende o nacemento mesmo dos gremios e confrarías, aparecen necesariamente os distintos santos ou virxes como intercesores permanentes e como refuxio de pecadores.                                                                                                                         Alfonso X o Sabio nunha cantiga tiña xa ordenado que