Mazás agosteiras. Foto Berta L. Gato AS MAZÁS DO VAL DE VIVEIRO Na Terra de Viveiro e noutros lugares de Galicia, aínda son moitos os topónimos, xentilicios e patronímicos que fan referencia ao cultivo das maciñeiras ( malus domestica), árbore que ten por froito as mazás. Así, existen distintos topónimos e apelidos como Maciñeira, Maceiras ou, mesmo o castelán Manzano, que derivarían destas árbores froiteiras, aínda que para algúns investigadores tamén poderían provir do substantivo maceria ou macenaria que vén ser un arqueotopónimo empregado para designar peches ou muros de pedra. Igualmente, consérvase o topónimo Pomar, Pumar, Pumariño, Pumarega ou Pomarega, derivado do latín POMU “mazá”. O pomar ou “pumar” é un terreo plantado de maciñeiras
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: outubro 8, 2020