Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 27, 2020
Imaxe
                                  Carro de bois nos Castelos da praia do Grallal (Covas-Viveiro). Foto: Lander BREVE HISTORIA DUNHA ARTÍSTICA FOTOGRAFÍA DE “LANDER” Traemos hoxe ás páxinas deste Blog a adxunta imaxe gráfica publicada no álbum “Vivero”, editado en 1934 polo afamado pintor e fotógrafo Fermín González Prieto (Viveiro, 1900 - Madrid, 1987), coñecido artisticamente como “Lander”. Aínda que a presente fotografía tamén foi impresa como postal turística e repetidamente utilizada para ilustrar algúns dos antigos programas de festas da nosa localidade ou de distintos traballos xornalísticos, o certo é que nunca se ten falado do nome da persoa que aparece nela conducindo mainamente o seu carro de bois, nin da función que estaba realizando no “Navallal” Sen dúbida, a preciosa imaxe obtida na ampla praia do Grallal fronte aos Castelos cando aínda estaban en todo o seu esplendor, antes da´nefasta intervención que os mutilou, ao dinamitalos aló pola década dos 50 para tentar face