Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 19, 2021
Imaxe
                                                                        Camarín de San Roque (Foto Eduardo Martínez)                                             VIRXES E SANTOS NAS ANTIGAS PORTAS DAS MURALLAS VIVEIRESAS Durante o Medioevo e grande parte da Idade Moderna, a vila de Viveiro estivo rodeada de altas e anchas murallas que cercaban o núcleo urbano na súa totalidade. Ademais de tres torreóns defensivos intercalados ao longo das murallas no Valado e, na ribeira, un castelo artillado situado fronte á actual Praza de Abastos, había tamén seis portas de acceso como aberturas importantes enmarcadas por corpos de gardada ou de protección. Ás portas, engadíanselle catro postigos que permitían a saída directa á beiramar. Estes postigos, que permanecían abertos en épocas de sosego,   pechábanse a cal e canto en caso de guerras ou de posibles invasións. Como aconteceu o 20 de xullo do ano 1596, cando os Rexedores mandaron   tapiar todos os postigos que daban á ría: “Ordenose atent