Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 30, 2020
Imaxe
  O 29 de outubro de 2018 finaba na Coruña o noso gran amigo dende a infancia Gustavo Pernas Cora, dramaturgo, autor e director teatral nado en Viveiro en novembro de 1959. Con motivo do seu aniversario traemos a este blog a necrolóxica que lle adicáramos na prensa con motivo do seu pasamento.                                  NO PASAMENTO DO GRAN AMIGO GUSTAVO PERNAS CORA Querido “Gus”: Debo confesarche que non fun quen de imaxinar que o pasado luns, 29 de outubro, nestes días fríos e chuviosos dos prolegómenos do inverno, cando as primeiras nevadas comezaron a pintar de branco as altas cumes dos montes da Gañidoira, facendo bo aquel coñecido refrán que di: “Por Santos neve nos campos”, ías deixarnos para sempre. Porque, amigo “Gus”, aínda que tiñamos falado durante o pasado verán da túa enfermidade, véndote tan animado e optimista, certamente non pensei para nada neste fatal desenlace. Mesmo, nunha xunta directiva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, celebrada fai unhas semanas