Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 19, 2024
Imaxe
Salvador Ferro Franco (1913-1997) A AZAROSA VIDA DE SALVADOR FERRO FRANCO. DA GUERRA CIVIL AOS CAMPOS NAZIS(1936-1945) Nacemento , xuventude e mocidade en Viveiro (1913-1937) Salvador Ferro Franco naceu no lugar da Casaría, nas Pallaregas-Covas (Viveiro), o 7 de decembro de 1913 no seo dunha familia de labregos medianeiros, é dicir, que traballaban as terras e vivían nunha casa que era propiedade da familia Pérez Labarta do Pazo de Grallal, os donos, recibían a cambio a metade das colleitas agrícolas. A familia Ferro estaba composta polos proxenitores, Manuel Ferro Alvo e Antonia Franco Díaz, xunto cos seus fillos: José, Salvador e Josefa. O seu avó José Ferro, era o propietario do lugar da Tora, tamén nas Pallaregas.   O meniño Salvador, comezou a traballar a idade de cinco anos, ao igual que a maioría dos nenos labregos, levando a alindar as vacas ou ben colaborando coa maioría dos traballos propios do campo e da casa, motivo polo cal tivo unha preparación escolar moi escasa, p