Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 8, 2021
Imaxe
  Antiga Ponte de Portochao, en Galdo, derrubada por unha riada   A FEIRA DAS MAULAS (1721-2021)                   A feira de Galdo competía co mercado que había os sábados en Viveiro As feiras e mercados comarcais de Galicia tiveron sempre unha importancia de primeiro orde no concerto económico-social do país. Mesmo son moitos os pobos e vilas que deben a súa orixe e posterior desenvolvemento ao establecerse unha feira, por exemplo, O Carballiño en Ourense, ou Ferreira do Valadouro nas terras do Norte lugués. No caso concreto da Feira das Maulas, que se celebra o segundo domingo de maio na parroquia de Galdo, non podemos precisar con exactitude a súa orixe, aínda que si sabemos grazas a un Real despacho do Consello de Castela datado o 14 de febreiro de 1719, que con anterioridade a esta data xa se viña celebrando, polo menos dende vinte anos atrás, un mercado no sitio denominado da Paleira xunta á ermida de Nosa Señora de Guadalupe. Iniciativa dos veciños A feira mensual de