Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto 23, 2020
Imaxe
Capa do libro O Naseiro, de onte a hoxe. Carlos Nuevo Cal.                                                        O NASEIRO DE ONTE A HOXE O sábado 8 de agosto de 2009, hai agora once anos, presentábamos no salon de actos do vello concello de Viveiro, acompañados polo finado alcalde Melchor Roel, o noso libro intitulado: “O Naseiro de onte a hoxe” (Paseo pola historia dunha romaría única) , cun destacado abarrote  de público,  segundo contaba a crónica de La Voz de Galicia, “la gente se vio obligada a permanecer en el pasillo y hasta en las escaleras del antiguo consistorio , pues el salón de plenos no tardó en llenarse para asistir a la presentación del libro”.    A obra espertou un grande interese entre os viveireses, dado que fixa as orixes da Romaxe do Bo Xantar, a máis moderna en cronoloxía, pero ao mesmo tempo, sen lugar a dúbidas, a máis colectiva, identitaria, participativa e pantagruélica de todas. Unha romaría que comezou como feira de gando cabalar no século XIX e que