Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 2, 2020
Imaxe
                                             Enterro da "anxeliña" Ofelia Pérez Pérez saíndo da igrexa parroquial de Santiago en San Francisco. ANTIGAS TRADICIÓNS VIVEIRESAS DA MORTE E DO   DÍA DE DEFUNTOS DAS ORIXES Á ACTUALIDADE O culto aos mortos relacionado na actualidade co Día de Todos os Santos e Defuntos responde a antigas tradicións pagás que foron cristianizadas nos tempos do emperador romano Diocleciano, cando os crentes celebraban a eucaristía nas catacumbas acompañando aos restos mortais dos mártires. Logo, en 608, co Papa Bonifacio IV, a data do 1 de novembro, consagrouse como celebración para gabar á Virxe María e aos santos mártires. Finalmente, o papa San Gregorio VII fixou definitivamente a conmemoración no século VIII para dedicala á festividade de Todos os Santos. En adiante, estendeuse o costume de ofrendar nesa data unha misa en recordo dos santos e defuntiños cristiáns, ao tempo que se afianzou a denominación de Mes dos Mortos ou Defuntos, fronte