Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto 15, 2020
Imaxe
                                                              Verán de 1962.  Na imaxe as populares peixeiras Carmen da "Guisa", Lolita da "Pantina", Consueliño da "Madona" e Carmen da "Taragaia" diante da tenda de salazóns da rúa M.Pardo de Cela.                                                      TEMPO DE PEIXE LAÑADO…                        Lañar artesanalmente chicarros, curriolos ou sardiñas vén de antigo Neste verán atípico e pandémico de fortes calores e momentos de leceres múltiples temos   ocasión de retomar a antiga tradición de lañar artesanalmente chicharros, corriolos e sardiñas, principalmente. Trátase dunha preparación culinaria que forma parte da nosa rica gastronomía mariñeira dende tempos inmemoriais e que non sempre resulta valorada oportunamente polos moitos restauradores e casas de comidas existentes na Mariña. Unha das noticias máis antigas que coñecemos sobre o curado ou secado do peixe aberto e eviscerado en Vivei