Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 4, 2020
Imaxe
  Vicenta Núñez Rodríguez "A Fernandilla", na feira vella da costa de Santo Domingo, vendendo empanadas do prebe. Foto Remigio Mestre. AS “EMPANADAS DA FEIRA” DE VIVEIRO ADRAL Moito se ten falado e continúa falándose sobre a importancia das empanadas   galegas como un dos entrantes ou xantares máis recorridos e indiscutibles de calquera comida familiar ou evento colectivo nas feiras, romarías e festas da nosa terra. Igualmente, moitos   teñen sido os autores que levan escrito a intrahistoria de tan delicioso manxar; estámonos referindo, xustamente, a gastrónomos tan destacados como Ángel Muro, Camilo de Cela, Emilia Pardo Bazán, Manuel Mª. Puga y Parga “Picadillo”, Julio Camba, A. Fraguas, Xaquín   Lorenzo, José María Castroviejo, Álvaro Cunqueiro, Araceli Filgueira Iglesias, Pepe Eizaguirre, Cipriano Torre Enciso, Jorge Víctor Sueiro, Roberto de Pola, Antonio Odriozola, Fina Casalderrey, Mariano García, Cristino Álvarez “Caius Apicius”, Luís Villaverde, Isabel Corbacho,