
Isaac Díaz Pardo con Carlos Nuevo, compartindo relatorio na I Semana "O Mar de Celeiro", xullo de 1.997. NO CENTENARIO DE ISAAC DÍAZ PARDO (1920-2020) Hoxe, 22 de agosto de 2020, celébrase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo coa realización de distintos actos de homenaxe e agasallo ao longo de toda a nación galega, malia as actuais circunstancias pola pandemia de Covid-19. Falar de Isaac é recordar a toda unha xeración de homes e mulleres que deron o mellor da súa vida para tratar de conseguir un mundo mellor fronte ao fascismo e ao totalitarismo. El mesmo foi unha vítima da dura represión franquista que rematou coa vida do seu pai, o pintor e escenógrafo Ca...