
Edificio social da Unión de fabricantes radicada en Celeiro. A FUNDACIÓN DA UNIÓN DE FABRICANTES DEL NORTE DE GALICIA, EN CELEIRO OS PIONEIROS DO ESCABECHE E A CONSERVAS Coa instalación dos primeiros “fabriquís” de escabeches da Viúva de Álvarez e de Emeterio Sanjurjo López “O Santiño”, principiou en Celeito, entre 1904 e 1906, a industria conserveira. Esta iniciativa empresarial veu complementar ás 24 fábricas de salga que aínda elaboraban por aquelas datas todo tipo de peixes salgados no porto celeirés. Ao ano seguinte, en 1907, puxéronse en funcionamento dúas novas fábricas de conservas: a do comerciante e armador logroñés Romualdo Villar Gómez e a do empresario asturiano Bernardo Alfageme. Xa temos falado tamén no libro das Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barquei...