Luz Pozo Garza (1922-2020) LUZ POZO, DENDE O TEU MAR DE VIVEIRO Na mañanciña de onte, luns 20 de abril, desta primavera tan atípica, coa maioría da poboación recluída por mor desta virulenta pandemia mundial chegáronme novas do teu pasamento, amiga Luz. Aínda que permanecía informado pola túa sobriña Susana da progresiva gravidade da túa enfermidade o certo é que os humanos tratamos de enganarnos a nós mesmos ao tentar obviar a realidade da morte, sempre presente, especialmente nestes días tristes para humanidade, con miles de falecidos. Desexo, recordarte como sempre te coñecín, plena de lucidez, amizade, frescura vital e poética. E que mellor maneira de fac...