Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 2, 2020
Imaxe
                                                                Imaxe fotográfica do neno Antón Villar Ponte. Arquivo C. Nuevo Cal 2 de outubro de 1881                                                        Tal día coma hoxe, ás nove da noite do 2 de outubro de 1881, naceu en Viveiro, na casa nº 62 da Rúa Pastor Díaz (coñecida popularmente como Rúa de Abaixo), Antonio Villar Ponte, segundo fillo do matrimonio formado por Ponciano Villar Bermúdez e Melchora Ponte Peña.  O irmán máis vello chamábase Xosé Faustino, nado en 1880 e morto en agraz en 1904, logo de ter rematado a carreira de Medicina. Máis novos que Antón eran tamén María de la Consolación (nada en 1884), Ramón(nado en 1890) e María de la Natividad (nada en 1892). Antón Villar Ponte foi, xunto co seu irmán Ramón e outros destacados galeguistas, o iniciador das Irmandades da Fala, fundadas na Coruña en 1916. Ademais do seu inxente labor como xornalista, escritor, poeta, ensaísta e autor teatral destacou sempre polo seu g