
Rolí, rulí ou rulete POLO SAN MARTIÑO “ROLÍS” AO CAMIÑO… Onte, 11 de novembro celebrouse en toda Galicia a festa de San Martiño de Tours, día grande dos magostos. Trátase dunha data sinalada dende antigo no santoral para agasallar ao santo nado na Panonia (Hungría) e recoñecido polos suevos como o primeiro patrón galaico. O magosto é festa ritual no que se xuntan nos soutos as parroquias de vivos e mortos para degustar as castañas, beber o viño novo, bailar e compartir. Logo, ao longo do mes do San Martiño recóllense os derradeiros froitos do outono e realizase a matanza dos porquiños. Anúnciase a entrada no tempo ventoso e inestable, con clara tendencia a baixar as te...