
Ramón Díaz Freijo (1848-1924) RAMÓN DÍAZ FREIXO, UNHA FIGURA HUMANITARIA TAN CONTROVERTIDA COMO POPULAR NO CENTENARIO DO SEU PASAMENTO (1924-2024) Adral Durante máis de medio século exerceu na nosa localidade o popular médico viveirés Ramón Díaz Freixo, quen deixou un recordo inesquecible tanto dende a súa faceta profesional entregado aos labores sanitarios, como polo seu grande perfil filantrópico de atención e socorro permanente ás clases máis desfavorecidas. Tan fonda foi a pegada marcada polo recoñecido galeno, xornalista e político local republicano, que os viveireses logo da súa morte decidiron erguer un monumento na súa memoria en homenaxe póstuma pola á súa exemplaridade de bonhomía, acción caritativa e dun excepcional compromiso ético. Debido ao persistente estado de precaridade do sistema sanitario e á pobreza material da maioría da pobo...