Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 6, 2024
Imaxe
Praza Maior de Viveiro, anos vinte. Praza Maior de Viveiro A Praza Maior de Viveiro está conformada por distintas edificacións eclécticas que teñen en común elementos construtivos da arquitectura galega: cubertas de grandes rumbeiros  de lousa, balconadas con ferro forxado ou de fundición, galerías acristaladas e paramentos de granito e manpostería enfoscada. Este espazo, tamén denominado Praza da Constitución, sufriu diversas modificacións ao longo do tempo, ao derruírse o rolo e picota, os soportais dalgunhas casas, a igrexa parroquial de Santiago (1840) co seu pequeno cemiterio, o Cárcere e Casa dos Correxidores (1874). Posteriormente, aumentou de perímetro e construíronse dous cantóns: o de Arriba ou Das Zocas, por ser o lugar reservado para a venda de zocas ou cerámica, e o de Abaixo (na beira do antigo Canto de Santiago). A partir de 1891 erixiuse a estatua do literato e político viveirés Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, obra do escultor catalán José Campeny. Recentemente, a c