Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto 12, 2026
Imaxe
  Fotografía tomada na Praza Maior o día 17 de abril de 1912, con motivo dun eclipse solar, na que aparecen distintos membros das familias Cortiñas Riego, Pla e Varela, entre outros, ademais de Luís Tobío Campos. Arquivo C. Nuevo Cal. AQUEL ECLIPSE SOLAR QUE DESPEDIU AO INVERNO DO ANO 1912 EN VIVEIRO ADRAL Durante a antigüidade, a idade media e gran parte da idade moderna determinados fenómenos naturais, por exemplo, os eclipses de sol ou de lúa, representábanse como signos terribles, que anunciaban grandes catástrofes ou, incluso, a fin do mundo. O fenómeno de poder ver as estrelas durante o día coma se fose de noite infundía aterradores medos nunha poboación maioritariamente analfabeta, constantemente amedrentada polos poderosos e as predicacións apocalípticas dos clérigos. Incluso, os homes máis cultos asustábanse ante os eclipses, interpretándoos como unha clara sinal de futuras desgrazas, por mor dos recorrentes pecados da humanidade. Malia a estaren acostumados ás guerras, ás...