Publicacións

CONVERSANDO CON CARLOS 2

Imaxe
       Segunda parte do ADN gastronómico de Viveiro

CONVERSANDO CON CARLOS 1

Imaxe
Imaxe
No centro da fotografía, sentado, meu pai, Ignacio Nuevo García, tenente da JG, capitán da 34 Brigada Mixta, da 109 BM e comandante en xefe da 189 BM (en funcións de tenente coronel), ferido durante a defensa de Castellón contra as forzas regulares moras e convalecente no Hospital Juan Negrín de Alicante.   
Imaxe
                                  Casa torre que pertenceu a Juan Ares Vizoso de Bahamonde (Foto: J.M. Paleo)                   A CASA TORRE DE JUAN ARES VIZOSO NA RÚA DO MEDIO Entre as distintas edificacións e construccións singulares que conforman o casco histórico da cidade de Viveiro, consideramos de grande interese arquitectónico a casa nº 24, situada na actual Rúa Rosalía de Castro (antiga da Pilitaria, Carniçería, Travesa, do Medio ou Mina), na que destaca un fermoso arco de medio punto con grandes dovelas e escudo heráldico da familia do fundador encima. A casa torre pertenceu ao viveirés Juan Ares Viçoso de Baamonde, destacado membro da fidalguía local e comercial do s. XVI, señor do Coto de Caxoto, señorío que herdou da súa tía dona Leonor Viçoso de Baamonde, que fora esposa do rexidor Pedro Pardo de Cela “O Rubio”; este deixara establecido nas...
Imaxe
  Ramón Díaz Freijo (1848-1924) RAMÓN DÍAZ FREIXO, UNHA FIGURA HUMANITARIA TAN CONTROVERTIDA COMO POPULAR                                  NO CENTENARIO DO SEU PASAMENTO (1924-2024)    Adral Durante máis de medio século exerceu na nosa localidade o popular médico viveirés Ramón Díaz Freixo, quen deixou un recordo inesquecible tanto dende a súa faceta profesional entregado aos labores sanitarios, como polo seu grande perfil filantrópico de atención e socorro permanente ás clases máis desfavorecidas. Tan fonda foi a pegada marcada polo recoñecido galeno, xornalista e político local republicano, que os viveireses logo da súa morte decidiron erguer un monumento na súa memoria en homenaxe póstuma pola á súa exemplaridade de bonhomía, acción caritativa e dun excepcional compromiso ético. Debido ao persistente estado de precaridade do sistema sanitario e á pobreza material da maioría da pobo...
Imaxe
Praza Maior de Viveiro, anos vinte. Praza Maior de Viveiro A Praza Maior de Viveiro está conformada por distintas edificacións eclécticas que teñen en común elementos construtivos da arquitectura galega: cubertas de grandes rumbeiros  de lousa, balconadas con ferro forxado ou de fundición, galerías acristaladas e paramentos de granito e manpostería enfoscada. Este espazo, tamén denominado Praza da Constitución, sufriu diversas modificacións ao longo do tempo, ao derruírse o rolo e picota, os soportais dalgunhas casas, a igrexa parroquial de Santiago (1840) co seu pequeno cemiterio, o Cárcere e Casa dos Correxidores (1874). Posteriormente, aumentou de perímetro e construíronse dous cantóns: o de Arriba ou Das Zocas, por ser o lugar reservado para a venda de zocas ou cerámica, e o de Abaixo (na beira do antigo Canto de Santiago). A partir de 1891 erixiuse a estatua do literato e político viveirés Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, obra do escultor catalán José Campeny. Recentemente,...