Publicacións

Imaxe
                      Cargadoiro das minas da Silvarrosa na Insua.   A   CELEBRACIÓN DO 1º DE MAIO EN VIVEIRO, CUMPRE CEN ANOS O PROTOSOCIALISMO (1899-1908) En 1899, coa posta en marcha e explotación das minas de ferro da Silvarosa pola empresa de capital alemán The Vivero Ore Cia. Ltda., producíronse en Viveiro as primeiras folgas obreiras na demanda de mellores condicións salariais e laborais. Igualmente, en outubro de 1902, constituíse a sociedade de carpinteiros La Prosperidad, e seguindo o exemplo desta nacería o sindicato das Minas del Valle de Vivero (1903). Así mesmo, fundaríanse as entidades corporativas de carácter gremial Honradez y Laboriosidad ( xastres) e   Aspiración de zapateiros, ambas as dúas de curta duración. Agora ben, a primeira Agrupación Socialista de Viveiro fundouse o 13 de setembro de 1903, en Guistilán (Galdo), debido a súa proximidade aos traballos iniciais das mina...
Imaxe
Luz Pozo Garza (1922-2020) LUZ POZO, DENDE O TEU MAR DE VIVEIRO                                                                                        Na mañanciña de onte, luns 20 de abril, desta primavera tan atípica, coa maioría da poboación recluída por mor desta virulenta pandemia mundial chegáronme novas do teu pasamento, amiga Luz.  Aínda que permanecía informado pola túa sobriña Susana da progresiva gravidade da túa enfermidade o certo é que os humanos tratamos de enganarnos a nós mesmos ao tentar obviar a realidade da morte, sempre presente, especialmente nestes días  tristes para humanidade, con miles de falecidos. Desexo, recordarte como sempre te coñecín, plena de lucidez, amizade, frescura vital e poética. E que mellor maneira de fac...