Publicacións

Imaxe
                                                                        Desparecida malatería de San Lázaro-Viveiro (Foto arquivo Carlos Nuevo)                                                      A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS TORTILLAS EN VIVEIRO, UNHA ORIXE INCERTA                              O influxo dos períodos de abstinencias e dos frades franciscanos         Este domingo celébrase en Viveiro unha das tradicións máis singulares e representativas do ciclo primaveral. Estamos referíndonos, evidentemente, ao Domingo das Tortillas, unha festa cargada de múltiples simbolismos e...
Imaxe
                                                                        Camarín de San Roque (Foto Eduardo Martínez)                                             VIRXES E SANTOS NAS ANTIGAS PORTAS DAS MURALLAS VIVEIRESAS Durante o Medioevo e grande parte da Idade Moderna, a vila de Viveiro estivo rodeada de altas e anchas murallas que cercaban o núcleo urbano na súa totalidade. Ademais de tres torreóns defensivos intercalados ao longo das murallas no Valado e, na ribeira, un castelo artillado situado fronte á actual Praza de Abastos, había tamén seis portas de acceso como aberturas importantes enmarcadas por corpos de gardada ou de protección. Ás portas, engadíanselle catro postigos que permitían a s...
Imaxe
Antiga imaxe da Virxe da Candelaria, traída de América polos fundadores da primitiva capela de Copacabana, en Landrove. Na actualidade preside o altar maior da nova capela.   NOSA SEÑORA DE COPACABANA EN LANDROVE UNHA DEVOCIÓN ANDINA.     P Ó R T I C O.   Entre as moitas advocacións marianas existentes na Terra de Viveiro, destaca, pola súa popularidade, veneración e particular aceptación, a Virxe de Copacabana. Da súa orixe e fundación a penas nos teñen chegado novas, nen da man dos vellos cronistas, nen doutros estudosos como Jorge Castelo Briz, autor do opúsculo “Santuarios Gallegos”(Viveiro, 1954). Tan só o párroco de Magazos, Virgilio Barro Casabella, publicou na Voz de Galicia(16-2-1988), un artículo, intitulado: “Nuestra Señora de Copacabana una Virgen que vino del Lago Titicaca”, no que falaba, principalmente, da orixe da lenda en América. Mais recentemente, Francisco J. Janeiro, no libro “Romerías e Santuarios da Comarca de Viveiro”, editado no a...
Imaxe
Instantáneas tomadas na miña infancia o Día de Reis de 1964 nos xardíns de Viveiro.     AQUELES LONXANOS DÍAS DE REIS… A mediados da década dos 60 chegou a haber até catro cines en Viveiro: o Teatro Pastor Díaz, o Moderno, o Orfeo e o Basanta, en Celeiro. Grande era a oferta cinematográfica con películas de vaqueiros e indios, de piratas, de aventuras, de fazañas bélicas, de policías e gánsters, de vampiros, de Tarzán, Frankenstein, Fantomas, Fumanchú, de humor (Cantinfas, Luis de Funes…), de debuxos animados, españoladas, romanadas, amorosas, das nenas “prodixios”: Marisol, Pili e Mili… ou de calquera outra temática que tanto teñen influído en todos nós e nos propios xogos que realizabamos a cotío nas prazas, rúas e ruieiros viveireses.
Imaxe
                                                                                                                                                                                                  Maruja Mallo en Viveiro.   Arquivo: Familiar MARUJA MALLO: 119 ANIVERSARIO Un día coma hoxe, á unha da tarde do 5 de xaneiro de 1902, nacía en Viveiro, na casa nº 42 da Rúa de Porlier, ou do Sol, a meniña Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González, coñecida artisticamente como Maruja Mallo. Filla do ad...