Maruja Mallo en Viveiro.   Arquivo: Familiar



MARUJA MALLO: 119 ANIVERSARIO


Un día coma hoxe, á unha da tarde do 5 de xaneiro de 1902, nacía en Viveiro, na casa nº 42 da Rúa de Porlier, ou do Sol, a meniña Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González, coñecida artisticamente como Maruja Mallo. Filla do administrador de alfándegas madrileño Justo Dimas Bonifacio Germán Gómez Mallo e da viguesa María Pilar González Lorenzo, a nosa protagonista que tan só residiu na cidade do Landrove até principios de xaneiro de 1904, trasladouse a Corcubión para vivir na casa dos seus tíos Ramiro e Juliana até 1913. Logo, regresaría con seus pais e irmáns a Avilés e comezaría a carreira de Belas Artes en Madrid, converténdose co paso dos anos na artista máis universal que deu Galicia. 

                                                                               Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial de Viveiro)










    



Comentarios

Publicacións populares deste blog