Foto Vicente Míguez ...
Publicacións
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
As barcas chegando a Portochao no tradicional día da Xira Arquivo: Carlos Nuevo Cal DA XÉNESE DAS PRIMEIRAS FEIRAS ANUAIS ÁS ACTUAIS FESTAS PATRONAIS A orixe das Festas Patronais de Viveiro debeuse á iniciativa particular do boticario e ex alcalde César Cortiñas Riego Almoina quen, en novembro do ano 1891, decidiu facer un chamamento público para constituír a primeira “ Junta Gestora de las Ferias Generales de Vivero” , emulando así a outras poboacións como Sevilla, Cádiz, Zaragoza, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo ou mesmo Mondoñedo. Xunto co iniciador, que foi nomeado presidente da Xestora, resultaron elixidos Manuel Sampedro, vicepresidente; Eugenio Martínez, tesoureiro; Pedro Blanco, secretario, e José Cociña, Luís Romero e Esteban Alonso, como vocais. Aínda que o verdadeiro Patrón da nosa cidade foi sempre Santo Tomé apóstolo, e a súa festividade celebrábase antigamente o día 21 de decembr...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A Praza nos anos vinte do pasado século. Ao fondo o Campo das Zocas, onde hoxe se levanta o novo Concello. CEN ANOS DA PRESENZA DE FRANCISCO LARGO CABALLERO EN VIVEIRO (1921-2021) INTROITO O pasado día 5 de xuño cumpríronse os cen anos do mitin que impartiu na Praza Maior da nosa cidade o Secretario xeral da UGT e destacado propagandista socialista Francisco Largo Caballero. A intervención do ex-deputado por Barcelona converteuse nun importante acontecemento po...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Antiga Ponte de Portochao, en Galdo, derrubada por unha riada A FEIRA DAS MAULAS (1721-2021) A feira de Galdo competía co mercado que había os sábados en Viveiro As feiras e mercados comarcais de Galicia tiveron sempre unha importancia de primeiro orde no concerto económico-social do país. Mesmo son moitos os pobos e vilas que deben a súa orixe e posterior desenvolvemento ao establecerse unha feira, por exemplo, O Carballiño en Ourense, ou Ferreira do Valadouro nas terras do Norte lugués. No caso concreto da Feira das Maulas, que se celebra o segundo domingo de maio na parroquia de Galdo, non podemos precisar con exactitude a súa orixe, aínda que si sabemos grazas a un Real despacho do Consello de Castela datado o 14 de febreiro de 1719, que con anterioridade a esta data xa se viña celebrando, polo menos dende vinte anos atrás, un mercado no sitio denominado da Pale...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Desparecida malatería de San Lázaro-Viveiro (Foto arquivo Carlos Nuevo) A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS TORTILLAS EN VIVEIRO, UNHA ORIXE INCERTA O influxo dos períodos de abstinencias e dos frades franciscanos Este domingo celébrase en Viveiro unha das tradicións máis singulares e representativas do ciclo primaveral. Estamos referíndonos, evidentemente, ao Domingo das Tortillas, unha festa cargada de múltiples simbolismos e...