Publicacións

Imaxe
                                                                          Luís Trigo Chao "O Gardarríos", redactor de "El Momento".   OS NOVENTA ANOS DA REFUNDACIÓN DO SOCIALISMO EN VIVEIRO E DO PERIÓDICO “EL MOMENTO” (1931) INTROITO O pasado 1 de decembro cumpríronse 90 anos da publicación do  primeiro quincenaL socialista viveirés El Momento . Aínda que antes existiron na nosa cidade outros antecedentes de prensa obreira como: Germinal (1906), El Defensor Obrero (1919) ou El Proletario (1923), o certo é que ningún deles acadou a importancia, difusión e duración de El Momento (1931-1934).      OS ANTECEDENTES POLÍTICOS QUE FIXERON POSIBLE A APARICIÓN DE “EL MOMENTO” Os motivos da publicación do órgano de prensa socialista atopámolos na nova configuración partidaria xurdi...
Imaxe
  Constanza Tobío e Carlos Nuevo, no acto de homenaxe a Lois Tobío celebrado no Teatro Pastor Díaz, o 16 de xunio de 2006.      CONSTANZA TOBÍO SOLER, PREMIO NACIONAL DE SOCIOLOXÍA E CIENCIA POLÍTICA A catedrática de Socioloxía da Universidade Carlos III, Constanza Tobío Soler, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2021. O xurado fundamentou a súa decisión en base a brillante traxectoria profesional e académica logo de máis de 40 anos nos que Constanza centrou boa parte do seus estudos en socioloxía de xénero, a relación familia-emprego e os coidados. A galardoada é filla do viveirés Lois Tobío Fernández, profesor, diplomático, escritor, tradutor e co fundador do Seminario de Estudos Galegos. Naceu no exilio, en Uruguai, e regresou a España a principios da década dos anos 60. Licenciouse en Socioloxía pola Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid no ano 1977, e en Ciencias Políticas, especi...
Imaxe
                                                                                                                                                                                                                                                                                    Foto Vicente Míguez     ...
Imaxe
          As barcas chegando a Portochao no tradicional día da Xira              Arquivo: Carlos Nuevo Cal DA XÉNESE DAS PRIMEIRAS FEIRAS ANUAIS ÁS ACTUAIS FESTAS PATRONAIS A orixe das Festas Patronais de Viveiro debeuse á iniciativa particular do boticario e ex alcalde César Cortiñas Riego Almoina quen, en novembro do ano 1891, decidiu facer un chamamento público para constituír a primeira “ Junta Gestora de las Ferias Generales de Vivero” , emulando así a outras poboacións como Sevilla, Cádiz, Zaragoza, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo ou mesmo Mondoñedo. Xunto co iniciador, que foi nomeado presidente da Xestora, resultaron elixidos Manuel Sampedro, vicepresidente; Eugenio Martínez, tesoureiro; Pedro Blanco, secretario, e José Cociña, Luís Romero e Esteban Alonso, como vocais. Aínda que o verdadeiro Patrón da nosa cidade foi sempre Santo Tomé apóstolo, e a súa festividade celebrábase antigamente o día 21 de decembr...
Imaxe
                                                                                                                                           A Praza nos anos vinte do pasado século. Ao fondo o Campo das Zocas, onde hoxe se levanta o novo Concello.         CEN ANOS DA PRESENZA DE FRANCISCO LARGO CABALLERO EN VIVEIRO (1921-2021) INTROITO O pasado día 5 de xuño cumpríronse os cen anos do mitin que impartiu na Praza Maior da nosa cidade o Secretario xeral da UGT e destacado propagandista socialista Francisco Largo Caballero. A intervención do ex-deputado por Barcelona converteuse nun importante acontecemento po...