Constanza Tobío e Carlos Nuevo, no acto de homenaxe a Lois Tobío celebrado no Teatro Pastor Díaz, o 16 de xunio de 2006.

    CONSTANZA TOBÍO SOLER, PREMIO NACIONAL DE SOCIOLOXÍA E CIENCIA POLÍTICA

A catedrática de Socioloxía da Universidade Carlos III, Constanza Tobío Soler, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2021. O xurado fundamentou a súa decisión en base a brillante traxectoria profesional e académica logo de máis de 40 anos nos que Constanza centrou boa parte do seus estudos en socioloxía de xénero, a relación familia-emprego e os coidados.

A galardoada é filla do viveirés Lois Tobío Fernández, profesor, diplomático, escritor, tradutor e co fundador do Seminario de Estudos Galegos. Naceu no exilio, en Uruguai, e regresou a España a principios da década dos anos 60. Licenciouse en Socioloxía pola Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid no ano 1977, e en Ciencias Políticas, especialidade de Socioloxía Política, pola mesma Facultade no ano 1979.

Constanza Tobío Soler foi directora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía, así como Vicedecana do Grado en Socioloxía na Universidade Carlos III. Dirixiu o Máster Europeo en Política e Sociedade, e o Máster en Relacións Transatlánticas. Na actualidade é directora do Departamento de Análises Social da Universidade Carlos III.

Coordinou o Grupo de Traballo “Socioloxía do Xénero” da Federación Española de Socioloxía, pertenceu á Comisión Executiva da Asociación Europea de Socioloxía e a diversas redes de investigación europea. Ademais, na actualidade pertence ao Consello Asesor do Centro de Investigacións Sociolóxicas.

Igualmente, formou parte do Consello Editorial de prestixiosas revistas nacionais e estranxeiras como European Societies, Política y Sociedad, Rétraite et Societé e Revista Española de Sociología. Actualmente pertence ao consello da Revista Española de Investigaciones Sociológicas, así como al de las colecciones del CIS, Clásicos de la Sociología y Clásicos Contemporáneos.     

Impartiu numerosas ponencias e conferencias, e participou en máis de cincocentos proxectos de investigación tanto nacionais como internacionais.

A premiada é autora de 177 publicacións (5 libros, 51 capítulos de libros, 51 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais; 59 publicacións doutro tipo). Acaba de publicar La mirada de género en Sociología, de la que es autora xunto con Mercedes Alcañiz y María Teresa Martín.

Colaborou tamén no libro Las Mujeres en la Gran Recesión (2015),e mesmo, na obra colectiva do CIS España 2015: Situación Social, que foi merecedora do Premio UNE á “Mellor Monografía en Ciencias Jurídicas e Sociais 2015”. No 2018 obtivo a Mención de Calidade da Asociación Andaluza de Socioloxía polo artigo “Cambio y continuidad en tres generaciones de mujeres: un análisis longitudinal cualitativo de las formas de trabajo” publicado na Revista Española de Investigaciones Sociológicas.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog