Fotografía tomada na Praza Maior o día 17 de abril de 1912, con motivo dun eclipse solar, na que aparecen distintos membros das familias Cortiñas Riego, Pla e Varela, entre outros, ademais de Luís Tobío Campos. Arquivo C. Nuevo Cal. AQUEL ECLIPSE SOLAR QUE DESPEDIU AO INVERNO DO ANO 1912 EN VIVEIRO ADRAL Durante a antigüidade, a idade media e gran parte da idade moderna determinados fenómenos naturais, por exemplo, os eclipses de sol ou de lúa, representábanse como signos terribles, que anunciaban grandes catástrofes ou, incluso, a fin do mundo. O fenómeno de poder ver as estrelas durante o día coma se fose de noite infundía aterradores medos nunha poboación maioritariamente analfabeta, constantemente amedrentada polos poderosos e as predicacións apocalípticas dos clérigos. Incluso, os homes máis cultos asustábanse ante os eclipses, interpretándoos como unha clara sinal de futuras desgrazas, por mor dos recorrentes pecados da humanidade. Malia a estaren acostumados ás guerras, ás...
Publicacións populares deste blog
Desparecida malatería de San Lázaro-Viveiro (Foto arquivo Carlos Nuevo) A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS TORTILLAS EN VIVEIRO, UNHA ORIXE INCERTA O influxo dos períodos de abstinencias e dos frades franciscanos Este domingo celébrase en Viveiro unha das tradicións máis singulares e representativas do ciclo primaveral. Estamos referíndonos, evidentemente, ao Domingo das Tortillas, unha festa cargada de múltiples simbolismos e...
As barcas chegando a Portochao no tradicional día da Xira Arquivo: Carlos Nuevo Cal DA XÉNESE DAS PRIMEIRAS FEIRAS ANUAIS ÁS ACTUAIS FESTAS PATRONAIS A orixe das Festas Patronais de Viveiro debeuse á iniciativa particular do boticario e ex alcalde César Cortiñas Riego Almoina quen, en novembro do ano 1891, decidiu facer un chamamento público para constituír a primeira “ Junta Gestora de las Ferias Generales de Vivero” , emulando así a outras poboacións como Sevilla, Cádiz, Zaragoza, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo ou mesmo Mondoñedo. Xunto co iniciador, que foi nomeado presidente da Xestora, resultaron elixidos Manuel Sampedro, vicepresidente; Eugenio Martínez, tesoureiro; Pedro Blanco, secretario, e José Cociña, Luís Romero e Esteban Alonso, como vocais. Aínda que o verdadeiro Patrón da nosa cidade foi sempre Santo Tomé apóstolo, e a súa festividade celebrábase antigamente o día 21 de decembr...
Salustiano González López, natural de Celeiro, escribindo un dos seus artigos con estilográfica. SALUSTIANO GONZÁLEZ LÓPEZ UN PRECURSOR DO FÚTBOL E BALONCESTO ARXENTINO Do Celeiro natal ao Val de Puán na Arxentina Salustiano María Antonio González López –“El Gallego González, ou Agustín Selza Lozano” na historia do deporte arxentino– naceu en Celeiro (Viveiro) ás sete da tarde do día trinta e un de maio de 1889, no barrio do Porto, sendo bautizado sab conditione ao día seguinte polo párroco celeirés José Díaz Teijeiro. Fillo do matrimonio formado por Jesús González Villalba e Vicenta López Sanjurjo, naturais de Xove e Celeiro, respectivamente, foron os seus avós paternos Manuel González e maila súa primeira esposa, Luisa Villalba de San Bartolomeu de Xove; maternos, José Antonio López e a súa viúva Marí...
Maruja Mallo no seu estudo en Madrid (1936) MARUJA MALLO, ARTISTA UNIVERSAL Houbo un tempo, non moi lonxano, en que a figura de Maruja Mallo permaneceu agochada polo maior dos esquecementos, mais nos últimos anos a súa obra comezou a emerxer con gran forza e orixinalidade, chegando a ser considerada por moitos críticos como unha artista total á altura das innovadoras máis sobranceiras ...
Altar da Virxe do Carme na igrexa de Santiago, en S. Francisco DAS CONFRARÍAS MEDIEVAIS Á ADVOCACIÓN MARIÑEIRA DA VIRXE DO CARME. Adral Sen lugar a dúbidas, a proliferación de gremios, confrarías e irmandades dentro do mundo dos mareantes orixinou dende a Baixa Idade Media toda unha serie de advocacións arredor dun Santo patrón ou patroa, neste caso da Virxe María que actuaría como mediadora entre o humano e o divino. Os motivos, evidentemente, son múltiples e obedecerían principalmente ao carácter devocionario dadas as especiais circunstancias que sempre rodearon a un oficio de alto risco como é o dos mariñeiros. Deste xeito dende o nacemento mesmo dos gremios e confrarías, aparecen necesariamente os distintos santos ou virxes como intercesores permanentes e como refuxio de pecadores. ...
Na imaxe, o peirao de Viveiro nos primeiros anos do século XX. Foto: Arquivo Carlos Nuevo CANDO O MAR DEU A LUZ EN VIVEIRO En 1870 un iate francés que se achegou á ría trouxo o efecto “máxico” da luz eléctrica Moito antes de que se levasen a cabo as primeiras iniciativas empresariais relacionadas coa instalación da electricidade nas principais cidades e vilas de Galiza, os nosos antepasados puideron contemplar e visualizar, por vez primeira, os efectos máxicos que producía a luz eléctrica na profunda es...
TORTA COLINETA DE VIVEIRO … Viveiro gozou dende vello dunha grande tradición reposteira grazas á temperá presenza na vila de dúas ordes mendicantes medievais: os franciscanos e dominicos, que tanto influíron dende o punto de vista relixioso, cultural e das mentalidades, ou mesmo, gastronómico, coa elaboración diaria de diferentes verduras, peixes e carnes, o que San Ignacio chamou “manxares grosos”. Ademais, tanto os frades como as monxas dos catro cenobios existentes na localidade foron verdadeiros mestres na preparación e elaboración de todo tipo de bolos, biscoitos (albardados, “borrachos”, recheos, panais, “pénjamos”…), roscóns, ensaimadas, melindres, roscas,“amarguillos”, cordiais, polvoróns, pastas e doces miúdos. Eran especialidades que servían para agasallar ás autoridades do Re...
Luís Trigo Chao "O Gardarríos", redactor de "El Momento". OS NOVENTA ANOS DA REFUNDACIÓN DO SOCIALISMO EN VIVEIRO E DO PERIÓDICO “EL MOMENTO” (1931) INTROITO O pasado 1 de decembro cumpríronse 90 anos da publicación do primeiro quincenaL socialista viveirés El Momento . Aínda que antes existiron na nosa cidade outros antecedentes de prensa obreira como: Germinal (1906), El Defensor Obrero (1919) ou El Proletario (1923), o certo é que ningún deles acadou a importancia, difusión e duración de El Momento (1931-1934). OS ANTECEDENTES POLÍTICOS QUE FIXERON POSIBLE A APARICIÓN DE “EL MOMENTO” Os motivos da publicación do órgano de prensa socialista atopámolos na nova configuración partidaria xurdi...
A maquinaria despois de ser restaurada pola empresa viveiresa Lages Relojería Monumental. A RELOXERÍA EN VIVEIRO, UNHA HISTORIA CENTENARIA (1534-2023) O PRIMEIRO RELOXO MECÁNICO (1534-1860) Malia a que descoñecemos cando e onde se inventou o primeiro reloxo mecánico europeo, a súa aparición supuxo unha auténtica revolución para a época, en especial, nos ambientes monacais e eclesiásticos, onde se produciría unha grande mellora na medida do tempo. Ademais do carácter utilitario e práctico dos reloxos a súa utilización nos cenobios axudou a manter a disciplina na vida monacal, fomentando a puntualidade nos oficios divinos, nas comidas e demais actos comunitarios. A Igrexa tivo moito que ver en canto ao descubrimento, desenvolvemento e expansión dos reloxos, non só pola súa utilización práctica, senón tamén polo moito que influíron os...

Comentarios
Publicar un comentario