Publicacións

Imaxe
                                                                        Camarín de San Roque (Foto Eduardo Martínez)                                             VIRXES E SANTOS NAS ANTIGAS PORTAS DAS MURALLAS VIVEIRESAS Durante o Medioevo e grande parte da Idade Moderna, a vila de Viveiro estivo rodeada de altas e anchas murallas que cercaban o núcleo urbano na súa totalidade. Ademais de tres torreóns defensivos intercalados ao longo das murallas no Valado e, na ribeira, un castelo artillado situado fronte á actual Praza de Abastos, había tamén seis portas de acceso como aberturas importantes enmarcadas por corpos de gardada ou de protección. Ás portas, engadíanselle catro postigos que permitían a s...
Imaxe
Antiga imaxe da Virxe da Candelaria, traída de América polos fundadores da primitiva capela de Copacabana, en Landrove. Na actualidade preside o altar maior da nova capela.   NOSA SEÑORA DE COPACABANA EN LANDROVE UNHA DEVOCIÓN ANDINA.     P Ó R T I C O.   Entre as moitas advocacións marianas existentes na Terra de Viveiro, destaca, pola súa popularidade, veneración e particular aceptación, a Virxe de Copacabana. Da súa orixe e fundación a penas nos teñen chegado novas, nen da man dos vellos cronistas, nen doutros estudosos como Jorge Castelo Briz, autor do opúsculo “Santuarios Gallegos”(Viveiro, 1954). Tan só o párroco de Magazos, Virgilio Barro Casabella, publicou na Voz de Galicia(16-2-1988), un artículo, intitulado: “Nuestra Señora de Copacabana una Virgen que vino del Lago Titicaca”, no que falaba, principalmente, da orixe da lenda en América. Mais recentemente, Francisco J. Janeiro, no libro “Romerías e Santuarios da Comarca de Viveiro”, editado no a...
Imaxe
Instantáneas tomadas na miña infancia o Día de Reis de 1964 nos xardíns de Viveiro.     AQUELES LONXANOS DÍAS DE REIS… A mediados da década dos 60 chegou a haber até catro cines en Viveiro: o Teatro Pastor Díaz, o Moderno, o Orfeo e o Basanta, en Celeiro. Grande era a oferta cinematográfica con películas de vaqueiros e indios, de piratas, de aventuras, de fazañas bélicas, de policías e gánsters, de vampiros, de Tarzán, Frankenstein, Fantomas, Fumanchú, de humor (Cantinfas, Luis de Funes…), de debuxos animados, españoladas, romanadas, amorosas, das nenas “prodixios”: Marisol, Pili e Mili… ou de calquera outra temática que tanto teñen influído en todos nós e nos propios xogos que realizabamos a cotío nas prazas, rúas e ruieiros viveireses.
Imaxe
                                                                                                                                                                                                  Maruja Mallo en Viveiro.   Arquivo: Familiar MARUJA MALLO: 119 ANIVERSARIO Un día coma hoxe, á unha da tarde do 5 de xaneiro de 1902, nacía en Viveiro, na casa nº 42 da Rúa de Porlier, ou do Sol, a meniña Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González, coñecida artisticamente como Maruja Mallo. Filla do ad...
Imaxe
                                  Carro de bois nos Castelos da praia do Grallal (Covas-Viveiro). Foto: Lander BREVE HISTORIA DUNHA ARTÍSTICA FOTOGRAFÍA DE “LANDER” Traemos hoxe ás páxinas deste Blog a adxunta imaxe gráfica publicada no álbum “Vivero”, editado en 1934 polo afamado pintor e fotógrafo Fermín González Prieto (Viveiro, 1900 - Madrid, 1987), coñecido artisticamente como “Lander”. Aínda que a presente fotografía tamén foi impresa como postal turística e repetidamente utilizada para ilustrar algúns dos antigos programas de festas da nosa localidade ou de distintos traballos xornalísticos, o certo é que nunca se ten falado do nome da persoa que aparece nela conducindo mainamente o seu carro de bois, nin da función que estaba realizando no “Navallal” Sen dúbida, a preciosa imaxe obtida na ampla praia do Grallal fronte aos Castelos cando aínda estaban en todo o seu esplendor, antes da´nefasta...

A Muller No Mundo da Pesca Na Mariña

Imaxe
Imaxe
  Vicenta Núñez Rodríguez "A Fernandilla", na feira vella da costa de Santo Domingo, vendendo empanadas do prebe. Foto Remigio Mestre. AS “EMPANADAS DA FEIRA” DE VIVEIRO ADRAL Moito se ten falado e continúa falándose sobre a importancia das empanadas   galegas como un dos entrantes ou xantares máis recorridos e indiscutibles de calquera comida familiar ou evento colectivo nas feiras, romarías e festas da nosa terra. Igualmente, moitos   teñen sido os autores que levan escrito a intrahistoria de tan delicioso manxar; estámonos referindo, xustamente, a gastrónomos tan destacados como Ángel Muro, Camilo de Cela, Emilia Pardo Bazán, Manuel Mª. Puga y Parga “Picadillo”, Julio Camba, A. Fraguas, Xaquín   Lorenzo, José María Castroviejo, Álvaro Cunqueiro, Araceli Filgueira Iglesias, Pepe Eizaguirre, Cipriano Torre Enciso, Jorge Víctor Sueiro, Roberto de Pola, Antonio Odriozola, Fina Casalderrey, Mariano García, Cristino Álvarez “Caius Apicius”, Luís Villaverde, Isabel C...