Luís Trigo Chao "O Gardarríos", redactor de "El Momento". OS NOVENTA ANOS DA REFUNDACIÓN DO SOCIALISMO EN VIVEIRO E DO PERIÓDICO “EL MOMENTO” (1931) INTROITO O pasado 1 de decembro cumpríronse 90 anos da publicación do primeiro quincenaL socialista viveirés El Momento . Aínda que antes existiron na nosa cidade outros antecedentes de prensa obreira como: Germinal (1906), El Defensor Obrero (1919) ou El Proletario (1923), o certo é que ningún deles acadou a importancia, difusión e duración de El Momento (1931-1934). OS ANTECEDENTES POLÍTICOS QUE FIXERON POSIBLE A APARICIÓN DE “EL MOMENTO” Os motivos da publicación do órgano de prensa socialista atopámolos na nova configuración partidaria xurdi...
Publicacións populares deste blog
Escola de Vieiro recén construida. A BIBLIOTECA POPULAR CIRCULANTE , UNHA IMPORTANTE INICIATIVA PEDAGÓXICA (1929) ADRAL As bibliotecas populares circulantes xogaron un destacado rol na expansión cultural e no fomento da lectura, tanto entre o alumnado como no conxunto da cidadanía ou, mesmo, na formación continua do profesorado, necesitado de permanente actualización pedagóxica, científica e literaria. A constitución das distintas bibliotecas circulantes de carácter escolar debeuse á iniciativa da Dirección Xeral de Primeira Ensinanza que a partir do Real Decreto do 22 de novembro de 1912 promulgou unha serie de reais ordes sobre a organización e funcionamento destas bibliotecas que estarían dirixidas polos mestr...
Arte nunha cuncha decorada por F. Hernando como as que había nas tabernas. AS NOCAS E CENTOLAS DECORADAS A moda daquela época, no pasado século, de decorar tabernas en Viveiro Traemos hoxe a este blog do Cronista o caparazón dunha noca ou boi de Francia decorado e pintado ao óleo por meu tío Francisco Hernando Viñé (Villaverde Nogina-Burgos, 1911-Viveiro, 1969), nel podemos observar a artística arcada ou pórtico da Porta de Carlos V, coas vivendas e balconadas a...
Salvador Ferro Franco (1913-1997) A AZAROSA VIDA DE SALVADOR FERRO FRANCO. DA GUERRA CIVIL AOS CAMPOS NAZIS(1936-1945) Nacemento , xuventude e mocidade en Viveiro (1913-1937) Salvador Ferro Franco naceu no lugar da Casaría, nas Pallaregas-Covas (Viveiro), o 7 de decembro de 1913 no seo dunha familia de labregos medianeiros, é dicir, que traballaban as terras e vivían nunha casa que era propiedade da familia Pérez Labarta do Pazo de Grallal, os donos, recibían a cambio a metade das colleitas agrícolas. A familia Ferro estaba composta polos proxenitores, Manuel Ferro Alvo e Antonia Franco Díaz, xunto cos seus fillos: José, Salvador e Josefa. O seu avó José Ferro, era o propietario do lugar da Tora, tamén nas Pallaregas. O meniño Salvador, comezou a traballar a idade de cinco anos, ao igual que a maioría dos nenos labregos, levando a alindar as vacas ou ben colaborando coa maioría dos traballos propios do campo e da casa, motivo polo cal tivo unha preparación escolar moi escas...
TORTA COLINETA DE VIVEIRO … Viveiro gozou dende vello dunha grande tradición reposteira grazas á temperá presenza na vila de dúas ordes mendicantes medievais: os franciscanos e dominicos, que tanto influíron dende o punto de vista relixioso, cultural e das mentalidades, ou mesmo, gastronómico, coa elaboración diaria de diferentes verduras, peixes e carnes, o que San Ignacio chamou “manxares grosos”. Ademais, tanto os frades como as monxas dos catro cenobios existentes na localidade foron verdadeiros mestres na preparación e elaboración de todo tipo de bolos, biscoitos (albardados, “borrachos”, recheos, panais, “pénjamos”…), roscóns, ensaimadas, melindres, roscas,“amarguillos”, cordiais, polvoróns, pastas e doces miúdos. Eran especialidades que servían para agasallar ás autoridades do Re...
As barcas chegando a Portochao no tradicional día da Xira Arquivo: Carlos Nuevo Cal DA XÉNESE DAS PRIMEIRAS FEIRAS ANUAIS ÁS ACTUAIS FESTAS PATRONAIS A orixe das Festas Patronais de Viveiro debeuse á iniciativa particular do boticario e ex alcalde César Cortiñas Riego Almoina quen, en novembro do ano 1891, decidiu facer un chamamento público para constituír a primeira “ Junta Gestora de las Ferias Generales de Vivero” , emulando así a outras poboacións como Sevilla, Cádiz, Zaragoza, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo ou mesmo Mondoñedo. Xunto co iniciador, que foi nomeado presidente da Xestora, resultaron elixidos Manuel Sampedro, vicepresidente; Eugenio Martínez, tesoureiro; Pedro Blanco, secretario, e José Cociña, Luís Romero e Esteban Alonso, como vocais. Aínda que o verdadeiro Patrón da nosa cidade foi sempre Santo Tomé apóstolo, e a súa festividade celebrábase antigamente o día 21 de decembr...
Maruja Mallo no seu estudo en Madrid (1936) MARUJA MALLO, ARTISTA UNIVERSAL Houbo un tempo, non moi lonxano, en que a figura de Maruja Mallo permaneceu agochada polo maior dos esquecementos, mais nos últimos anos a súa obra comezou a emerxer con gran forza e orixinalidade, chegando a ser considerada por moitos críticos como unha artista total á altura das innovadoras máis sobranceiras ...
Fotografía tomada na Praza Maior o día 17 de abril de 1912, con motivo dun eclipse solar, na que aparecen distintos membros das familias Cortiñas Riego, Pla e Varela, entre outros, ademais de Luís Tobío Campos. Arquivo C. Nuevo Cal. AQUEL ECLIPSE SOLAR QUE DESPEDIU AO INVERNO DO ANO 1912 EN VIVEIRO ADRAL Durante a antigüidade, a idade media e gran parte da idade moderna determinados fenómenos naturais, por exemplo, os eclipses de sol ou de lúa, representábanse como signos terribles, que anunciaban grandes catástrofes ou, incluso, a fin do mundo. O fenómeno de poder ver as estrelas durante o día coma se fose de noite infundía aterradores medos nunha poboación maioritariamente analfabeta, constantemente amedrentada polos poderosos e as predicacións apocalípticas dos clérigos. Incluso, os homes máis cultos asustábanse ante os eclipses, interpretándoos como unha clara sinal de futuras desgrazas, por mor dos recorrentes pecados da humanidade. Malia a estaren acostumados ás guerras, ás...
A maquinaria despois de ser restaurada pola empresa viveiresa Lages Relojería Monumental. A RELOXERÍA EN VIVEIRO, UNHA HISTORIA CENTENARIA (1534-2023) O PRIMEIRO RELOXO MECÁNICO (1534-1860) Malia a que descoñecemos cando e onde se inventou o primeiro reloxo mecánico europeo, a súa aparición supuxo unha auténtica revolución para a época, en especial, nos ambientes monacais e eclesiásticos, onde se produciría unha grande mellora na medida do tempo. Ademais do carácter utilitario e práctico dos reloxos a súa utilización nos cenobios axudou a manter a disciplina na vida monacal, fomentando a puntualidade nos oficios divinos, nas comidas e demais actos comunitarios. A Igrexa tivo moito que ver en canto ao descubrimento, desenvolvemento e expansión dos reloxos, non só pola súa utilización práctica, senón tamén polo moito que influíron os...
Cargadoiro das minas da Silvarrosa na Insua. A CELEBRACIÓN DO 1º DE MAIO EN VIVEIRO, CUMPRE CEN ANOS O PROTOSOCIALISMO (1899-1908) En 1899, coa posta en marcha e explotación das minas de ferro da Silvarosa pola empresa de capital alemán The Vivero Ore Cia. Ltda., producíronse en Viveiro as primeiras folgas obreiras na demanda de mellores condicións salariais e laborais. Igualmente, en outubro de 1902, constituíse a sociedade de carpinteiros La Prosperidad, e seguindo o exemplo desta nacería o sindicato das Minas del Valle de Vivero (1903). Así mesmo, fundaríanse as entidades corporativas de carácter gremial Honradez y Laboriosidad ( xastres) e Aspiración de zapateiros, ambas as dúas de curta duración. Agora ben, a primeira Agrupación Socialista de Viveiro fundouse o 13 de setembro de 1903, en Guistilán (Galdo), debido a súa proximidade aos traballos iniciais das mina...
Comentarios
Publicar un comentario