Publicacións

Imaxe
                                                        TORTA COLINETA DE VIVEIRO … Viveiro gozou dende vello dunha grande tradición reposteira grazas á temperá presenza na vila de dúas ordes mendicantes medievais: os franciscanos e dominicos, que tanto influíron dende o punto de vista relixioso, cultural e das mentalidades, ou mesmo, gastronómico, coa elaboración diaria de diferentes verduras, peixes e carnes, o que San Ignacio chamou “manxares grosos”. Ademais, tanto os frades como as monxas dos catro cenobios existentes na localidade foron verdadeiros mestres na preparación e elaboración de todo tipo de bolos, biscoitos (albardados, “borrachos”, recheos, panais, “pénjamos”…), roscóns, ensaimadas, melindres, roscas,“amarguillos”, cordiais, polvoróns, pastas e doces miúdos.  Eran especialidades que servían para agasallar ás autoridades do Re...
Imaxe
                                              Salustiano González López, natural de Celeiro, escribindo un dos seus artigos con estilográfica. SALUSTIANO GONZÁLEZ LÓPEZ UN PRECURSOR DO FÚTBOL E BALONCESTO ARXENTINO Do Celeiro natal ao Val de Puán na Arxentina Salustiano María Antonio González López –“El Gallego González, ou Agustín Selza Lozano” na historia do deporte arxentino– naceu   en Celeiro (Viveiro) ás sete da tarde do día trinta e un de maio de 1889, no barrio do Porto, sendo bautizado   sab conditione ao día seguinte polo párroco celeirés José Díaz Teijeiro. Fillo do matrimonio formado por Jesús González Villalba e Vicenta López Sanjurjo, naturais de Xove e Celeiro, respectivamente, foron os seus avós paternos Manuel González e maila súa primeira esposa, Luisa Villalba de San Bartolomeu de Xove; maternos,   José Antonio López e a súa viúva Marí...
Imaxe
                                       Imaxe ecuestre de Santiago no Canto da Praza Maior. Foto: Arquivo C. Nuevo.                                                                         O CANTO OU RECANTO DE SANTIAGO DA PRAZA MAIOR O Cantiño de Santiago foi durante a Idade Media e gran parte da Moderna un minúsculo recanto ou praciña aberta dentro do espazo urbano que constituía a antiga praza do mercado xunto coa desaparecida igrexa parroquial de Santiago, derrubada en 1840. Da súa antigüidade e orixe medieval dá fe a seguinte testemuña datada o   7 de xullo de 1422, referente á escritura de foro do solar dunha casa derruída, outorg...
Imaxe
Capa do libro O Naseiro, de onte a hoxe. Carlos Nuevo Cal.                                                        O NASEIRO DE ONTE A HOXE O sábado 8 de agosto de 2009, hai agora once anos, presentábamos no salon de actos do vello concello de Viveiro, acompañados polo finado alcalde Melchor Roel, o noso libro intitulado: “O Naseiro de onte a hoxe” (Paseo pola historia dunha romaría única) , cun destacado abarrote  de público,  segundo contaba a crónica de La Voz de Galicia, “la gente se vio obligada a permanecer en el pasillo y hasta en las escaleras del antiguo consistorio , pues el salón de plenos no tardó en llenarse para asistir a la presentación del libro”.    A obra espertou un grande interese entre os viveireses, dado que fixa as orixes da Romaxe do Bo Xantar, a máis moderna en cronoloxía, pero ao mesmo tempo, s...
Imaxe
                                     Isaac Díaz Pardo con Carlos Nuevo, compartindo relatorio na I Semana "O Mar de Celeiro", xullo de 1.997.                           NO  CENTENARIO DE ISAAC DÍAZ PARDO (1920-2020)   Hoxe, 22 de agosto de 2020, celébrase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo coa realización de distintos actos de homenaxe e agasallo ao longo de toda a nación galega, malia as actuais circunstancias pola pandemia de Covid-19. Falar de Isaac é recordar a toda unha xeración de homes e mulleres que deron o mellor da súa vida para tratar de conseguir un mundo mellor fronte ao fascismo e ao totalitarismo. El mesmo foi unha vítima da dura represión franquista que rematou coa vida do seu pai, o pintor e escenógrafo Ca...
Imaxe
                                                              Verán de 1962.  Na imaxe as populares peixeiras Carmen da "Guisa", Lolita da "Pantina", Consueliño da "Madona" e Carmen da "Taragaia" diante da tenda de salazóns da rúa M.Pardo de Cela.                                                      TEMPO DE PEIXE LAÑADO…                        Lañar artesanalmente chicarros, curriolos ou sardiñas vén de antigo Neste verán atípico e pandémico de forte...
Imaxe
                   Antigo banco do Rancho Chico, en Celeiro, nunha imaxe de Foto Carlos do 25 de xullo de 1973.                                                                                    DO BANCO DAS MENTIRAS AO DA PACIENCIA                             Bancos mariñeiros da Mariña, fontes inesgotables do pasado e do presente   Se facedes unha viaxe polos peiraos do norte mariñán, calquera día enxoito do ano, sen dúbida chamaravos grandemente a atención o feito de ver a unha morea de vellos lobos de mar, reunidos ao redor dun banco de madeira ou pedra, semellante á bancada dos antigos traiñóns, convertido a cotío en c...