Publicacións

Imaxe
  O 29 de outubro de 2018 finaba na Coruña o noso gran amigo dende a infancia Gustavo Pernas Cora, dramaturgo, autor e director teatral nado en Viveiro en novembro de 1959. Con motivo do seu aniversario traemos a este blog a necrolóxica que lle adicáramos na prensa con motivo do seu pasamento.                                  NO PASAMENTO DO GRAN AMIGO GUSTAVO PERNAS CORA Querido “Gus”: Debo confesarche que non fun quen de imaxinar que o pasado luns, 29 de outubro, nestes días fríos e chuviosos dos prolegómenos do inverno, cando as primeiras nevadas comezaron a pintar de branco as altas cumes dos montes da Gañidoira, facendo bo aquel coñecido refrán que di: “Por Santos neve nos campos”, ías deixarnos para sempre. Porque, amigo “Gus”, aínda que tiñamos falado durante o pasado verán da túa enfermidade, véndote tan animado e optimista, certamente non pensei para nada neste fatal desenlace. Mesmo, nu...
Imaxe
Entrevista publicada hoxe na "Voz de Galicia", 28 de outubro/2020    
Imaxe
  Antón Noriega Varela (Mondoñedo, 1869-Viveiro, 1947)   Coincidindo co nacemento de Antón Noriega Varela en Mondoñedo, o 19 de outubro de 1869, consideramos oportuno recuperar o presente texto escrito con motivo da celebración no ano 2019 en Viveiro do 150 aniversario do seu nacemento. O referido artigo foi publicado no Heraldo de Vivero e na revista mindoniense Amencer .   ESTANCIA E MORTE DE ANTÓN NORIEGA VARELA EN VIVEIRO (1931-1947)                                                                                           ...
Imaxe
                                                                                                                                    Mazás agosteiras. Foto Berta L. Gato                                                                                                               AS MAZÁS DO VAL DE VIVEIRO Na Terra de Viveiro e noutros lugares de Galicia, aínda son moitos os topón...
Imaxe
                                                                Imaxe fotográfica do neno Antón Villar Ponte. Arquivo C. Nuevo Cal 2 de outubro de 1881                                                        Tal día coma hoxe, ás nove da noite do 2 de outubro de 1881, naceu en Viveiro, na casa nº 62 da Rúa Pastor Díaz (coñecida popularmente como Rúa de Abaixo), Antonio Villar Ponte, segundo fillo do matrimonio formado por Ponciano Villar Bermúdez e Melchora Ponte Peña.  O irmán máis vello chamábase Xosé Faustino, nado en 1880 e morto en agraz en 1904, logo ...
Imaxe
                                                         Edificio social da Unión de fabricantes radicada en Celeiro. A FUNDACIÓN DA UNIÓN DE FABRICANTES DEL NORTE DE GALICIA, EN CELEIRO OS PIONEIROS DO ESCABECHE E A CONSERVAS Coa instalación dos primeiros “fabriquís” de escabeches da Viúva de Álvarez e de Emeterio Sanjurjo López “O Santiño”, principiou en Celeito, entre 1904 e 1906, a industria conserveira. Esta iniciativa empresarial veu complementar ás 24 fábricas de salga que aínda elaboraban por aquelas datas todo tipo de peixes salgados no porto celeirés. Ao ano seguinte, en 1907, puxéronse en funcionamento dúas novas fábricas de conservas: a do comerciante   e armador logroñés Romualdo Villar Gómez e a do empresario asturiano Bernardo Alfageme. Xa temos falado tamén no libro das Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barquei...
Imaxe
                                  Arte nunha cuncha decorada por F. Hernando como as que había nas tabernas.                                                          AS NOCAS E CENTOLAS DECORADAS                         A moda daquela época, no pasado século, de decorar tabernas en Viveiro Traemos hoxe a este blog do Cronista o caparazón dunha noca ou boi de Francia decorado e pintado ao óleo por meu tío Francisco Hernando Viñé (Villaverde Nogina-Burgos, 1911-Viveiro, 1969), nel podemos observar a artística arcada ou pórtico da Porta de Carlos V, coas vivendas e balconadas a...