Publicacións

Imaxe
                   Antigo banco do Rancho Chico, en Celeiro, nunha imaxe de Foto Carlos do 25 de xullo de 1973.                                                                                    DO BANCO DAS MENTIRAS AO DA PACIENCIA                             Bancos mariñeiros da Mariña, fontes inesgotables do pasado e do presente   Se facedes unha viaxe polos peiraos do norte mariñán, calquera día enxoito do ano, sen dúbida chamaravos grandemente a atención o feito de ver a unha morea de vellos lobos de mar, reunidos ao redor dun banco de madeira ou pedra, semellante á bancada dos antigos traiñóns, convertido a cotío en c...
Imaxe
                                                 Na imaxe, o peirao de Viveiro nos primeiros anos do século XX. Foto: Arquivo Carlos Nuevo                                            CANDO O MAR DEU A LUZ EN VIVEIRO     En 1870 un iate francés que se achegou á ría trouxo o efecto  “máxico” da luz eléctrica Moito antes de que se levasen a cabo as primeiras iniciativas empresariais relacionadas coa instalación da electricidade nas principais cidades e vilas de Galiza, os nosos antepasados   puideron contemplar e visualizar, por vez primeira, os efectos máxicos que producía a luz eléctrica na profunda es...
Imaxe
Altar da Virxe do Carme na igrexa de Santiago, en S. Francisco  DAS CONFRARÍAS MEDIEVAIS Á ADVOCACIÓN MARIÑEIRA  DA  VIRXE  DO CARME. Adral Sen lugar a dúbidas, a proliferación de gremios, confrarías e irmandades dentro do mundo dos mareantes orixinou dende a Baixa Idade Media toda unha serie de advocacións arredor dun Santo patrón ou patroa, neste caso da Virxe María que actuaría como mediadora entre o humano e o divino. Os motivos, evidentemente, son múltiples e obedecerían principalmente ao carácter devocionario dadas as especiais circunstancias que sempre rodearon a un oficio de alto risco como é o dos mariñeiros. Deste xeito dende o nacemento mesmo dos gremios e confrarías, aparecen necesariamente os distintos santos ou virxes como intercesores permanentes e como refuxio de pecadores.                            ...
Imaxe
   Imaxe tomada entre 1.930 e 1.933 por Antonio Seoane Díaz, "Tonecho" (ARG)                                OS CASTELOS DE COVAS NO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA Un dos arquivos históricos  máis importantes, entrañables e de bo trato que existen na nosa terra é o do Reino de Galicia, unha institución fundada por Real Cédula polo rei Carlos III en outubro de 1775. O arquivo,  que ía estar ubicado en Betanzos,  pasou por diversos avatares até o seu establecemento actual, en 1956, nos xardíns de San Carlos na Coruña. Aínda que o Arquivo do Reino naceu coa finalidade de conservar e custodiar os procedementos xudiciais da Real Audiencia de Galicia, a partir de mediados do século XIX comezou a incrementar progresivamente os seus fondos abranguendo diferentes eidos dende a arte, economía, demografía, xeografía, xenealoxía, heráldic...
Imaxe
                        Un día de pesca na ribeira de Viveiro antes da construcción do peirao. Foto Insua.   OS FRANCESES E A PESCA DA LAGOSTA NA MARIÑA LUGUESA                                                                                                            Durante as décadas finais do antepasado século XIX e principios do XX, foi moi frecuente a arribada de embarcacións e tripulacións francesas ás costas da Mariña luguesa para mercar inxentes cantidades de lagostas, un crustáceo certamente abundante en Galicia por aquelas datas e que se puxera de moda nos máis requintados restauradores das cidades de Francia, Inglaterra, Bél...
Imaxe
                      Cargadoiro das minas da Silvarrosa na Insua.   A   CELEBRACIÓN DO 1º DE MAIO EN VIVEIRO, CUMPRE CEN ANOS O PROTOSOCIALISMO (1899-1908) En 1899, coa posta en marcha e explotación das minas de ferro da Silvarosa pola empresa de capital alemán The Vivero Ore Cia. Ltda., producíronse en Viveiro as primeiras folgas obreiras na demanda de mellores condicións salariais e laborais. Igualmente, en outubro de 1902, constituíse a sociedade de carpinteiros La Prosperidad, e seguindo o exemplo desta nacería o sindicato das Minas del Valle de Vivero (1903). Así mesmo, fundaríanse as entidades corporativas de carácter gremial Honradez y Laboriosidad ( xastres) e   Aspiración de zapateiros, ambas as dúas de curta duración. Agora ben, a primeira Agrupación Socialista de Viveiro fundouse o 13 de setembro de 1903, en Guistilán (Galdo), debido a súa proximidade aos traballos iniciais das mina...
Imaxe
Luz Pozo Garza (1922-2020) LUZ POZO, DENDE O TEU MAR DE VIVEIRO                                                                                        Na mañanciña de onte, luns 20 de abril, desta primavera tan atípica, coa maioría da poboación recluída por mor desta virulenta pandemia mundial chegáronme novas do teu pasamento, amiga Luz.  Aínda que permanecía informado pola túa sobriña Susana da progresiva gravidade da túa enfermidade o certo é que os humanos tratamos de enganarnos a nós mesmos ao tentar obviar a realidade da morte, sempre presente, especialmente nestes días  tristes para humanidade, con miles de falecidos. Desexo, recordarte como sempre te coñecín, plena de lucidez, amizade, frescura vital e poética. E que mellor maneira de fac...