Publicacións

Imaxe
Capa do libro O Naseiro, de onte a hoxe. Carlos Nuevo Cal.                                                        O NASEIRO DE ONTE A HOXE O sábado 8 de agosto de 2009, hai agora once anos, presentábamos no salon de actos do vello concello de Viveiro, acompañados polo finado alcalde Melchor Roel, o noso libro intitulado: “O Naseiro de onte a hoxe” (Paseo pola historia dunha romaría única) , cun destacado abarrote  de público,  segundo contaba a crónica de La Voz de Galicia, “la gente se vio obligada a permanecer en el pasillo y hasta en las escaleras del antiguo consistorio , pues el salón de plenos no tardó en llenarse para asistir a la presentación del libro”.    A obra espertou un grande interese entre os viveireses, dado que fixa as orixes da Romaxe do Bo Xantar, a máis moderna en cronoloxía, pero ao mesmo tempo, s...
Imaxe
                                     Isaac Díaz Pardo con Carlos Nuevo, compartindo relatorio na I Semana "O Mar de Celeiro", xullo de 1.997.                           NO  CENTENARIO DE ISAAC DÍAZ PARDO (1920-2020)   Hoxe, 22 de agosto de 2020, celébrase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo coa realización de distintos actos de homenaxe e agasallo ao longo de toda a nación galega, malia as actuais circunstancias pola pandemia de Covid-19. Falar de Isaac é recordar a toda unha xeración de homes e mulleres que deron o mellor da súa vida para tratar de conseguir un mundo mellor fronte ao fascismo e ao totalitarismo. El mesmo foi unha vítima da dura represión franquista que rematou coa vida do seu pai, o pintor e escenógrafo Ca...
Imaxe
                                                              Verán de 1962.  Na imaxe as populares peixeiras Carmen da "Guisa", Lolita da "Pantina", Consueliño da "Madona" e Carmen da "Taragaia" diante da tenda de salazóns da rúa M.Pardo de Cela.                                                      TEMPO DE PEIXE LAÑADO…                        Lañar artesanalmente chicarros, curriolos ou sardiñas vén de antigo Neste verán atípico e pandémico de forte...
Imaxe
                   Antigo banco do Rancho Chico, en Celeiro, nunha imaxe de Foto Carlos do 25 de xullo de 1973.                                                                                    DO BANCO DAS MENTIRAS AO DA PACIENCIA                             Bancos mariñeiros da Mariña, fontes inesgotables do pasado e do presente   Se facedes unha viaxe polos peiraos do norte mariñán, calquera día enxoito do ano, sen dúbida chamaravos grandemente a atención o feito de ver a unha morea de vellos lobos de mar, reunidos ao redor dun banco de madeira ou pedra, semellante á bancada dos antigos traiñóns, convertido a cotío en c...
Imaxe
                                                 Na imaxe, o peirao de Viveiro nos primeiros anos do século XX. Foto: Arquivo Carlos Nuevo                                            CANDO O MAR DEU A LUZ EN VIVEIRO     En 1870 un iate francés que se achegou á ría trouxo o efecto  “máxico” da luz eléctrica Moito antes de que se levasen a cabo as primeiras iniciativas empresariais relacionadas coa instalación da electricidade nas principais cidades e vilas de Galiza, os nosos antepasados   puideron contemplar e visualizar, por vez primeira, os efectos máxicos que producía a luz eléctrica na profunda es...
Imaxe
Altar da Virxe do Carme na igrexa de Santiago, en S. Francisco  DAS CONFRARÍAS MEDIEVAIS Á ADVOCACIÓN MARIÑEIRA  DA  VIRXE  DO CARME. Adral Sen lugar a dúbidas, a proliferación de gremios, confrarías e irmandades dentro do mundo dos mareantes orixinou dende a Baixa Idade Media toda unha serie de advocacións arredor dun Santo patrón ou patroa, neste caso da Virxe María que actuaría como mediadora entre o humano e o divino. Os motivos, evidentemente, son múltiples e obedecerían principalmente ao carácter devocionario dadas as especiais circunstancias que sempre rodearon a un oficio de alto risco como é o dos mariñeiros. Deste xeito dende o nacemento mesmo dos gremios e confrarías, aparecen necesariamente os distintos santos ou virxes como intercesores permanentes e como refuxio de pecadores.                            ...
Imaxe
   Imaxe tomada entre 1.930 e 1.933 por Antonio Seoane Díaz, "Tonecho" (ARG)                                OS CASTELOS DE COVAS NO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA Un dos arquivos históricos  máis importantes, entrañables e de bo trato que existen na nosa terra é o do Reino de Galicia, unha institución fundada por Real Cédula polo rei Carlos III en outubro de 1775. O arquivo,  que ía estar ubicado en Betanzos,  pasou por diversos avatares até o seu establecemento actual, en 1956, nos xardíns de San Carlos na Coruña. Aínda que o Arquivo do Reino naceu coa finalidade de conservar e custodiar os procedementos xudiciais da Real Audiencia de Galicia, a partir de mediados do século XIX comezou a incrementar progresivamente os seus fondos abranguendo diferentes eidos dende a arte, economía, demografía, xeografía, xenealoxía, heráldic...