Publicacións

Imaxe
                                  Carro de bois nos Castelos da praia do Grallal (Covas-Viveiro). Foto: Lander BREVE HISTORIA DUNHA ARTÍSTICA FOTOGRAFÍA DE “LANDER” Traemos hoxe ás páxinas deste Blog a adxunta imaxe gráfica publicada no álbum “Vivero”, editado en 1934 polo afamado pintor e fotógrafo Fermín González Prieto (Viveiro, 1900 - Madrid, 1987), coñecido artisticamente como “Lander”. Aínda que a presente fotografía tamén foi impresa como postal turística e repetidamente utilizada para ilustrar algúns dos antigos programas de festas da nosa localidade ou de distintos traballos xornalísticos, o certo é que nunca se ten falado do nome da persoa que aparece nela conducindo mainamente o seu carro de bois, nin da función que estaba realizando no “Navallal” Sen dúbida, a preciosa imaxe obtida na ampla praia do Grallal fronte aos Castelos cando aínda estaban en todo o seu esplendor, antes da´nefasta...

A Muller No Mundo da Pesca Na Mariña

Imaxe
Imaxe
  Vicenta Núñez Rodríguez "A Fernandilla", na feira vella da costa de Santo Domingo, vendendo empanadas do prebe. Foto Remigio Mestre. AS “EMPANADAS DA FEIRA” DE VIVEIRO ADRAL Moito se ten falado e continúa falándose sobre a importancia das empanadas   galegas como un dos entrantes ou xantares máis recorridos e indiscutibles de calquera comida familiar ou evento colectivo nas feiras, romarías e festas da nosa terra. Igualmente, moitos   teñen sido os autores que levan escrito a intrahistoria de tan delicioso manxar; estámonos referindo, xustamente, a gastrónomos tan destacados como Ángel Muro, Camilo de Cela, Emilia Pardo Bazán, Manuel Mª. Puga y Parga “Picadillo”, Julio Camba, A. Fraguas, Xaquín   Lorenzo, José María Castroviejo, Álvaro Cunqueiro, Araceli Filgueira Iglesias, Pepe Eizaguirre, Cipriano Torre Enciso, Jorge Víctor Sueiro, Roberto de Pola, Antonio Odriozola, Fina Casalderrey, Mariano García, Cristino Álvarez “Caius Apicius”, Luís Villaverde, Isabel C...
Imaxe
                                                                                     Rolí, rulí ou rulete  POLO SAN MARTIÑO “ROLÍS” AO CAMIÑO… Onte, 11 de novembro celebrouse en toda Galicia a festa de San Martiño de Tours, día grande dos magostos. Trátase dunha data sinalada dende antigo no santoral para agasallar ao santo nado na Panonia (Hungría) e recoñecido polos suevos como o primeiro patrón galaico.   O magosto é festa ritual no que se xuntan nos soutos as parroquias de vivos e mortos para   degustar as castañas, beber o viño novo, bailar e compartir. Logo, ao longo do mes do San Martiño recóllense os derradeiros froitos do outono e realizase a matanza dos porquiños. Anúnciase a entrada no tempo ventoso e inestable, con clara tendencia a baixar as te...
Imaxe
  Nestes días claros deste outono pandémico no que tanto se está a falar sobre o peche da hostalaría en Galicia, traemos a este blog do Cronista o noso libro titulado Cafetarías, Tabernas, Ultramarinos e Bares de Viveiro, unha obra publicada o pasado ano en 2019 polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro. No libro, ilustrado con 206 fotografías, faise un demorado percorrido pola nosa longa tradición vitivinícola, dende a Idade Media até a actualidade. Igualmente, cóntase a intrahistoria de todos e cada un dos máis de cincocentos locais de hostalaría do casco histórico, dende 1880 até a hoxe, onde xeracións de viveireses e de visitantes alternaron, falaron, pecharon tratos e negocios ou, simplemente, compartiron anécdotas e todo tipo de novidades mentres consumían un viño ou calquera outra bebida. Cun percorrido rúa a rúa, o autor, amósanos a maxia destes locais e das ledas xentes da localidade que durante os últimos 140 anos, foron capaces de compartir alegrías e penas, confidenc...
Imaxe
                                             Enterro da "anxeliña" Ofelia Pérez Pérez saíndo da igrexa parroquial de Santiago en San Francisco. ANTIGAS TRADICIÓNS VIVEIRESAS DA MORTE E DO   DÍA DE DEFUNTOS DAS ORIXES Á ACTUALIDADE O culto aos mortos relacionado na actualidade co Día de Todos os Santos e Defuntos responde a antigas tradicións pagás que foron cristianizadas nos tempos do emperador romano Diocleciano, cando os crentes celebraban a eucaristía nas catacumbas acompañando aos restos mortais dos mártires. Logo, en 608, co Papa Bonifacio IV, a data do 1 de novembro, consagrouse como celebración para gabar á Virxe María e aos santos mártires. Finalmente, o papa San Gregorio VII fixou definitivamente a conmemoración no século VIII para dedicala á festividade de Todos os Santos. En adiante, estendeuse o costume de ofrendar nesa data unha misa en recordo dos ...
Imaxe
  O 29 de outubro de 2018 finaba na Coruña o noso gran amigo dende a infancia Gustavo Pernas Cora, dramaturgo, autor e director teatral nado en Viveiro en novembro de 1959. Con motivo do seu aniversario traemos a este blog a necrolóxica que lle adicáramos na prensa con motivo do seu pasamento.                                  NO PASAMENTO DO GRAN AMIGO GUSTAVO PERNAS CORA Querido “Gus”: Debo confesarche que non fun quen de imaxinar que o pasado luns, 29 de outubro, nestes días fríos e chuviosos dos prolegómenos do inverno, cando as primeiras nevadas comezaron a pintar de branco as altas cumes dos montes da Gañidoira, facendo bo aquel coñecido refrán que di: “Por Santos neve nos campos”, ías deixarnos para sempre. Porque, amigo “Gus”, aínda que tiñamos falado durante o pasado verán da túa enfermidade, véndote tan animado e optimista, certamente non pensei para nada neste fatal desenlace. Mesmo, nu...