Nestes días claros deste outono pandémico no que tanto se está a falar sobre o peche da hostalaría en Galicia, traemos a este blog do Cronista o noso libro titulado Cafetarías, Tabernas, Ultramarinos e Bares de Viveiro, unha obra publicada o pasado ano en 2019 polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro. No libro, ilustrado con 206 fotografías, faise un demorado percorrido pola nosa longa tradición vitivinícola, dende a Idade Media até a actualidade. Igualmente, cóntase a intrahistoria de todos e cada un dos máis de cincocentos locais de hostalaría do casco histórico, dende 1880 até a hoxe, onde xeracións de viveireses e de visitantes alternaron, falaron, pecharon tratos e negocios ou, simplemente, compartiron anécdotas e todo tipo de novidades mentres consumían un viño ou calquera outra bebida.

Cun percorrido rúa a rúa, o autor, amósanos a maxia destes locais e das ledas xentes da localidade que durante os últimos 140 anos, foron capaces de compartir alegrías e penas, confidencias e discusións, amizades e desavinzas, frechazos e desamores…


Comentarios

Publicacións populares deste blog