"La vida solo puede ser comprendida mirando hacia atrás, pero ha de ser vivida mirando hacia adelante".
Kierkegaard
CONVERSANDO CON CARLOS 2
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Segunda parte do ADN gastronómico de Viveiro
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Comentarios
Publicacións populares deste blog
No centro da fotografía, sentado, meu pai, Ignacio Nuevo García, tenente da JG, capitán da 34 Brigada Mixta, da 109 BM e comandante en xefe da 189 BM (en funcións de tenente coronel), ferido durante a defensa de Castellón contra as forzas regulares moras e convalecente no Hospital Juan Negrín de Alicante.
Desparecida malatería de San Lázaro-Viveiro (Foto arquivo Carlos Nuevo) A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS TORTILLAS EN VIVEIRO, UNHA ORIXE INCERTA O influxo dos períodos de abstinencias e dos frades franciscanos Este domingo celébrase en Viveiro unha das tradicións máis singulares e representativas do ciclo primaveral. Estamos referíndonos, evidentemente, ao Domingo das Tortillas, unha festa cargada de múltiples simbolismos e...
Casa torre que pertenceu a Juan Ares Vizoso de Bahamonde (Foto: J.M. Paleo) A CASA TORRE DE JUAN ARES VIZOSO NA RÚA DO MEDIO Entre as distintas edificacións e construccións singulares que conforman o casco histórico da cidade de Viveiro, consideramos de grande interese arquitectónico a casa nº 24, situada na actual Rúa Rosalía de Castro (antiga da Pilitaria, Carniçería, Travesa, do Medio ou Mina), na que destaca un fermoso arco de medio punto con grandes dovelas e escudo heráldico da familia do fundador encima. A casa torre pertenceu ao viveirés Juan Ares Viçoso de Baamonde, destacado membro da fidalguía local e comercial do s. XVI, señor do Coto de Caxoto, señorío que herdou da súa tía dona Leonor Viçoso de Baamonde, que fora esposa do rexidor Pedro Pardo de Cela “O Rubio”; este deixara establecido nas...
A maquinaria despois de ser restaurada pola empresa viveiresa Lages Relojería Monumental. A RELOXERÍA EN VIVEIRO, UNHA HISTORIA CENTENARIA (1534-2023) O PRIMEIRO RELOXO MECÁNICO (1534-1860) Malia a que descoñecemos cando e onde se inventou o primeiro reloxo mecánico europeo, a súa aparición supuxo unha auténtica revolución para a época, en especial, nos ambientes monacais e eclesiásticos, onde se produciría unha grande mellora na medida do tempo. Ademais do carácter utilitario e práctico dos reloxos a súa utilización nos cenobios axudou a manter a disciplina na vida monacal, fomentando a puntualidade nos oficios divinos, nas comidas e demais actos comunitarios. A Igrexa tivo moito que ver en canto ao descubrimento, desenvolvemento e expansión dos reloxos, non só pola súa utilización práctica, senón tamén polo moito que influíron os...
Salvador Ferro Franco (1913-1997) A AZAROSA VIDA DE SALVADOR FERRO FRANCO. DA GUERRA CIVIL AOS CAMPOS NAZIS(1936-1945) Nacemento , xuventude e mocidade en Viveiro (1913-1937) Salvador Ferro Franco naceu no lugar da Casaría, nas Pallaregas-Covas (Viveiro), o 7 de decembro de 1913 no seo dunha familia de labregos medianeiros, é dicir, que traballaban as terras e vivían nunha casa que era propiedade da familia Pérez Labarta do Pazo de Grallal, os donos, recibían a cambio a metade das colleitas agrícolas. A familia Ferro estaba composta polos proxenitores, Manuel Ferro Alvo e Antonia Franco Díaz, xunto cos seus fillos: José, Salvador e Josefa. O seu avó José Ferro, era o propietario do lugar da Tora, tamén nas Pallaregas. O meniño Salvador, comezou a traballar a idade de cinco anos, ao igual que a maioría dos nenos labregos, levando a alindar as vacas ou ben colaborando coa maioría dos traballos propios do campo e da casa, motivo polo cal tivo unha preparación escolar moi escas...
Escola de Vieiro recén construida. A BIBLIOTECA POPULAR CIRCULANTE , UNHA IMPORTANTE INICIATIVA PEDAGÓXICA (1929) ADRAL As bibliotecas populares circulantes xogaron un destacado rol na expansión cultural e no fomento da lectura, tanto entre o alumnado como no conxunto da cidadanía ou, mesmo, na formación continua do profesorado, necesitado de permanente actualización pedagóxica, científica e literaria. A constitución das distintas bibliotecas circulantes de carácter escolar debeuse á iniciativa da Dirección Xeral de Primeira Ensinanza que a partir do Real Decreto do 22 de novembro de 1912 promulgou unha serie de reais ordes sobre a organización e funcionamento destas bibliotecas que estarían dirixidas polos mestr...
Antón Noriega Varela (Mondoñedo, 1869-Viveiro, 1947) Coincidindo co nacemento de Antón Noriega Varela en Mondoñedo, o 19 de outubro de 1869, consideramos oportuno recuperar o presente texto escrito con motivo da celebración no ano 2019 en Viveiro do 150 aniversario do seu nacemento. O referido artigo foi publicado no Heraldo de Vivero e na revista mindoniense Amencer . ESTANCIA E MORTE DE ANTÓN NORIEGA VARELA EN VIVEIRO (1931-1947) ...
Grupo de republicanos, entre os que se atopa o viveirés Antonio López Ferreiro, nun campo de traballo de Arxelia. DOUS VIVEIRESES MORTOS NOS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN NAZIS(1941-1945) Por: Carlos Nuevo Cal ...
Altar da Virxe do Carme na igrexa de Santiago, en S. Francisco DAS CONFRARÍAS MEDIEVAIS Á ADVOCACIÓN MARIÑEIRA DA VIRXE DO CARME. Adral Sen lugar a dúbidas, a proliferación de gremios, confrarías e irmandades dentro do mundo dos mareantes orixinou dende a Baixa Idade Media toda unha serie de advocacións arredor dun Santo patrón ou patroa, neste caso da Virxe María que actuaría como mediadora entre o humano e o divino. Os motivos, evidentemente, son múltiples e obedecerían principalmente ao carácter devocionario dadas as especiais circunstancias que sempre rodearon a un oficio de alto risco como é o dos mariñeiros. Deste xeito dende o nacemento mesmo dos gremios e confrarías, aparecen necesariamente os distintos santos ou virxes como intercesores permanentes e como refuxio de pecadores. ...
Comentarios
Publicar un comentario