Escola de Vieiro recén construida. A BIBLIOTECA POPULAR CIRCULANTE , UNHA IMPORTANTE INICIATIVA PEDAGÓXICA (1929) ADRAL As bibliotecas populares circulantes xogaron un destacado rol na expansión cultural e no fomento da lectura, tanto entre o alumnado como no conxunto da cidadanía ou, mesmo, na formación continua do profesorado, necesitado de permanente actualización pedagóxica, científica e literaria. A constitución das distintas bibliotecas circulantes de carácter escolar debeuse á iniciativa da Dirección Xeral de Primeira Ensinanza que a partir do Real Decreto do 22 de novembro de 1912 promulgou unha serie de reais ordes sobre a organización e funcionamento destas bibliotecas que estarían dirixidas polos mestr...
Publicacións populares deste blog
Arte nunha cuncha decorada por F. Hernando como as que había nas tabernas. AS NOCAS E CENTOLAS DECORADAS A moda daquela época, no pasado século, de decorar tabernas en Viveiro Traemos hoxe a este blog do Cronista o caparazón dunha noca ou boi de Francia decorado e pintado ao óleo por meu tío Francisco Hernando Viñé (Villaverde Nogina-Burgos, 1911-Viveiro, 1969), nel podemos observar a artística arcada ou pórtico da Porta de Carlos V, coas vivendas e balconadas a...
DIÁLOGOS VAC-AN 13 - Homenaxe VAC-AN a Maruja Mallo desde Lugo
Luís Trigo Chao "O Gardarríos", redactor de "El Momento". OS NOVENTA ANOS DA REFUNDACIÓN DO SOCIALISMO EN VIVEIRO E DO PERIÓDICO “EL MOMENTO” (1931) INTROITO O pasado 1 de decembro cumpríronse 90 anos da publicación do primeiro quincenaL socialista viveirés El Momento . Aínda que antes existiron na nosa cidade outros antecedentes de prensa obreira como: Germinal (1906), El Defensor Obrero (1919) ou El Proletario (1923), o certo é que ningún deles acadou a importancia, difusión e duración de El Momento (1931-1934). OS ANTECEDENTES POLÍTICOS QUE FIXERON POSIBLE A APARICIÓN DE “EL MOMENTO” Os motivos da publicación do órgano de prensa socialista atopámolos na nova configuración partidaria xurdi...
Enterro da "anxeliña" Ofelia Pérez Pérez saíndo da igrexa parroquial de Santiago en San Francisco. ANTIGAS TRADICIÓNS VIVEIRESAS DA MORTE E DO DÍA DE DEFUNTOS DAS ORIXES Á ACTUALIDADE O culto aos mortos relacionado na actualidade co Día de Todos os Santos e Defuntos responde a antigas tradicións pagás que foron cristianizadas nos tempos do emperador romano Diocleciano, cando os crentes celebraban a eucaristía nas catacumbas acompañando aos restos mortais dos mártires. Logo, en 608, co Papa Bonifacio IV, a data do 1 de novembro, consagrouse como celebración para gabar á Virxe María e aos santos mártires. Finalmente, o papa San Gregorio VII fixou definitivamente a conmemoración no século VIII para dedicala á festividade de Todos os Santos. En adiante, estendeuse o costume de ofrendar nesa data unha misa en recordo dos ...
As barcas chegando a Portochao no tradicional día da Xira Arquivo: Carlos Nuevo Cal DA XÉNESE DAS PRIMEIRAS FEIRAS ANUAIS ÁS ACTUAIS FESTAS PATRONAIS A orixe das Festas Patronais de Viveiro debeuse á iniciativa particular do boticario e ex alcalde César Cortiñas Riego Almoina quen, en novembro do ano 1891, decidiu facer un chamamento público para constituír a primeira “ Junta Gestora de las Ferias Generales de Vivero” , emulando así a outras poboacións como Sevilla, Cádiz, Zaragoza, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo ou mesmo Mondoñedo. Xunto co iniciador, que foi nomeado presidente da Xestora, resultaron elixidos Manuel Sampedro, vicepresidente; Eugenio Martínez, tesoureiro; Pedro Blanco, secretario, e José Cociña, Luís Romero e Esteban Alonso, como vocais. Aínda que o verdadeiro Patrón da nosa cidade foi sempre Santo Tomé apóstolo, e a súa festividade celebrábase antigamente o día 21 de decembr...
TORTA COLINETA DE VIVEIRO … Viveiro gozou dende vello dunha grande tradición reposteira grazas á temperá presenza na vila de dúas ordes mendicantes medievais: os franciscanos e dominicos, que tanto influíron dende o punto de vista relixioso, cultural e das mentalidades, ou mesmo, gastronómico, coa elaboración diaria de diferentes verduras, peixes e carnes, o que San Ignacio chamou “manxares grosos”. Ademais, tanto os frades como as monxas dos catro cenobios existentes na localidade foron verdadeiros mestres na preparación e elaboración de todo tipo de bolos, biscoitos (albardados, “borrachos”, recheos, panais, “pénjamos”…), roscóns, ensaimadas, melindres, roscas,“amarguillos”, cordiais, polvoróns, pastas e doces miúdos. Eran especialidades que servían para agasallar ás autoridades do Re...
Antiga imaxe da Virxe da Candelaria, traída de América polos fundadores da primitiva capela de Copacabana, en Landrove. Na actualidade preside o altar maior da nova capela. NOSA SEÑORA DE COPACABANA EN LANDROVE UNHA DEVOCIÓN ANDINA. P Ó R T I C O. Entre as moitas advocacións marianas existentes na Terra de Viveiro, destaca, pola súa popularidade, veneración e particular aceptación, a Virxe de Copacabana. Da súa orixe e fundación a penas nos teñen chegado novas, nen da man dos vellos cronistas, nen doutros estudosos como Jorge Castelo Briz, autor do opúsculo “Santuarios Gallegos”(Viveiro, 1954). Tan só o párroco de Magazos, Virgilio Barro Casabella, publicou na Voz de Galicia(16-2-1988), un artículo, intitulado: “Nuestra Señora de Copacabana una Virgen que vino del Lago Titicaca”, no que falaba, principalmente, da orixe da lenda en América. Mais recentemente, Francisco J. Janeiro, no libro “Romerías e Santuarios da Comarca de Viveiro”, editado no a...
Comentarios
Publicar un comentario