No centro da fotografía, sentado, meu pai, Ignacio Nuevo García, tenente da JG, capitán da 34 Brigada Mixta, da 109 BM e comandante en xefe da 189 BM (en funcións de tenente coronel), ferido durante a defensa de Castellón contra as forzas regulares moras e convalecente no Hospital Juan Negrín de Alicante.
Altar da Virxe do Carme na igrexa de Santiago, en S. Francisco DAS CONFRARÍAS MEDIEVAIS Á ADVOCACIÓN MARIÑEIRA DA VIRXE DO CARME. Adral Sen lugar a dúbidas, a proliferación de gremios, confrarías e irmandades dentro do mundo dos mareantes orixinou dende a Baixa Idade Media toda unha serie de advocacións arredor dun Santo patrón ou patroa, neste caso da Virxe María que actuaría como mediadora entre o humano e o divino. Os motivos, evidentemente, son múltiples e obedecerían principalmente ao carácter devocionario dadas as especiais circunstancias que sempre rodearon a un oficio de alto risco como é o dos mariñeiros. Deste xeito dende o nacemento mesmo dos gremios e confrarías, aparecen necesariamente os distintos santos ou virxes como intercesores permanentes e como refuxio de pecadores. ...

Comentarios
Publicar un comentario